Os veciños de Bouzas celebran a XI Festa da Rosquilla

Os veciños de Bouzas, en Castrelo de Miño, celebran este próximo fin de semana as festas en honor a San Antón. Con tal motivo, adican un apartado importante da súa programación á gastronomía local, coa XI edición da Festa da Rosquilla.
Para mañá está prevista unha degustación dos doces tradicionais desta parroquia de Macendo, que elaboran os propios veciños. Haberá pasarrúas a partir das 11,00 horas coa charanga Sorcha, despois misa solemne, e a partir das 21,00 horas cea popular a base de fabas con lacón cocido e rosquillas de postre. Actuará a orquesta Panamá.

Te puede interesar