Ourense no tempo

OURENSE NO TEMPO

Las tertulias en el Hotel Roma

Las fotografías existentes del edificio no son todo lo buenas que sería de desear 

roma 2
roma 2
Las tertulias en el Hotel Roma

En Ourensenotempo es difícil, por no decir imposible que encontréis críticas de ningún tipo, siempre intento buscar la tan difícil imparcialidad. Aun así, existen algunas excepciones que os iré presentando. El principal motivo de mis lamentos y protestas es el del perdido Hotel Roma. Para mayor pena, las fotografías existentes del edificio no son todo lo buenas que sería de desear; y las de su interior son muy escasas. El único consuelo está en que de vez en cuando, en prensa de la época, aparecen referencias a los actos que allí se celebraban y publicidad del negocio. En alguna feliz ocasión, como la de hoy, son datos muy jugosos aparecidos en algún libro o publicación de aquellos años.

Iste añorado edificio construíuse no 1915, substituíndo outro alí existente dunha soa planta, propiedade da familia Cuanda Cruz. O proxecto foi obra do arquitecto Don Daniel Vázquez -Gulias Martínez.

Realmente a visita de hoxe non é para falar da súa construción, nin sequera da súa estética, senón para contarvos que ocorría nos belos salóns da cafetería do Roma nos anos 34-36, a conta dos datos atopados no libro de Fernando Meleiro “Anecdotario de la Falange en Orense”. Aquel momento de gran turbulencia políticas tivo diversos escenarios, pero un dos cotiáns era a cafetería do Roma que, segundo contan, competía duramente coa barbería de Linares.

“Naquel amplo salón, tiña reservado o seu sitial na zona do fondo (afastado das fiestras, pero observando toda a sala), o Excmo. Gobernador Sr. Ibars; xunto a el sentaban amigos independentemente da ideoloxía, e moitas das forzas vivas da cidade, a maioría (no 1934) afectos ao Partido Radical (republicanos), e algún membro do CEDA. A zona central, (e digo así, porque era un conxunto de mesas moi próximas entre si, situada no centro xeográfico da sala), a máis ampla, acollía ao grupo socialista con Don Manuel Suárez (alcalde no 36) , e na súa contorna ampliando o círculo, o resto de grupos, Os Galeguistas, un dos máis numerosos, dado que seguía aglutinando a intelectuais de diversas tendencias de pensamento, pero nacionalistas de corazón. Así, coincidían Risco, Otero, Cuevillas, Bóveda (que se deixaba ver pouco pola cidade), Peña Rey, etc. Tamén neses niveis do círculo asentábase o grupo dos "apolíticos" (os que eludían falar de política), que incluía entre as súas cadeiras a verdadeiros elementos neutrais, así como a membros de grupos na clandestinidade, ou case: Valencia, Meleiro, Bárcena etc. (Falanxe ); non nos esquezamos dos renovadores de Calvo Sotelo , en cuxas filas estaban algún dos máis importantes industriais da cidade: Villanueva, Meruéndano, Cambón etc. Para terminar de formar o cadro político, teremos que situar aos comunistas, e estes ocupaban a zona das ventás do bar”.