Arturo Noguerol e "Nós", de seu

20210108170937810_resultado
photo_camera Casa nº12 da rúa ourensá de Arturo Noguerol, onde tiña o seu despacho e a xerencia da revista "Nós".
Noguerol, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas conformaron o “Cenáculo ourensán”, xerme da “Xeración Nós”; así revolucionaron Galicia.

Arturo Noguerol Buján, un dos homes senlleiros na historia da Galicia moderna, naceu no nº 1 da rúa de Alba, o 6 de maio de 1892. Estudou o bacharelato no Instituto do Posío sendo compañeiro de Otero Pedrayo, Manuel Martínez-Risco e Florentino Cuevillas. Estudou Dereito en Salamanca (1910-1915). Casou con Eloisa Martínez Carballo e tiveron dous fillos. Nomeárono secretario dos concellos de Pereiro de Aguiar, Avión, Rianxo e Serantes.

José Lorenzo Gil, presidente da Deputación, casara con Obdulia Buján, tía de Arturo. Os Noguerol e os Lorenzo construíron, en 1897, a casa nº 12, da rúa Padre Feixóo onde Arturo abriu o seu despacho de avogado e instalou a administración e a xerencia da revista “Nós”.

En 1918, “La Región” editoulle o ensaio “Parolas sobre a propiedá”.

Noguerol, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas conformaron o “Cenáculo ourensán”, xerme da “Xeración Nós”; así revolucionaron Galicia.

En 1917, Noguerol e Risco crearon a revista neosófica “La Centuria”, sendo xerentes únicos. Nela, Arturo escribiu varios artigos; o máis importante foi o titulado “La Patria”, o primeiro testemuño do grupo de Ourense a prol do galeguismo para constituir a “Irmandá Rexionalista d´Ourense”. En “Nós”, Vicente foi o primeiro director literario e Noguerol, xerente durante os 18 primeiros números. O primeiro número viu a luz o 30 de outubro de 1920.

Arturo Noguerol publicou os seus artigos nos xornais e revistas galegas “Nós”, “La Centuria”, “A Nosa Terra”, “O Tio Marcos d´a Portela” e “La Zarpa”. O cerne da produción literaria, 11 artigos, están inxeridos na revista “Nós”, conformando un corpus único: 8 son de temática do dereito económico e político; os outros tres, son de carácter literario. Varios foron complementados con viñetas e colofóns, aportados por Alfonso Rodríguez Castelao. A saber:

“O problema do traballo en Galícia”, “Políteca Sócial", “O mercado d´Oriente”, “Na exposición Castelao - Confrencia de Clausura”, “Políteca arancelaria”, “Notas financeiras - Banco de Desconto "Pedro Romero y Hermanos", “Notas financeiras - Banco de Desconto "Pedro Romero y Hermanos" (segundo), “O que din os animaes”, “Vilas galegas - Rianxo”, “Romances mariñeiros da calina rianxeira”, “Notas politicas”.

Noguerol escribiu o significativo artigo titulado “Como nació 'Nós'” inserido no número 2 do xornal ourensán “La Zarpa” do 28 de xullo de 1921, que considero testemuño imprescindible:

“La morriña, o 'mal do pays', únicamente se había utilizado como motivo poético hasta que la Asamblea nacionalista de Compostela decidió utilizarla para reforzar los lazos de solidaridad existentes entre Galicia y sus 'colonias sin bandera', y acordó que todos los años, el 25 de Julio, se celebrase la fiesta del emigrante y entre los gallegos emigrados y sus familias y amigos se cruzasen mensajes postales y telegráficos.

La fiesta del emigrante no bastaba para formar la conciencia nacional gallega, pues para ello era necesario inquietar el espíritu gallego, recoger el producto de su actividad intelectual y universalizar nuestros valores. Entonces los autores Losada, Risco y yo proyectamos la publicación de una revista de la cultura gallega, cuyos colaboradores pudiesen ser incluso clásicos, con tal de que pusiesen, por encima de todo el sentimiento de la Tierra y de la Raza, el deseo colectivo de superación, la orgullosa satisfacción de ser gallegos; una revista que suprimiese los intermediarios entre el pensamiento gallego y el pensamiento de los pueblos cultos.

Como la morriña es una fuerza susceptible de mercantilización creimos conveniente que la revista proyectada, al propio tiempo que universalizase nuestros valores intelectuales y artísticos, fuese un órgano de publicidad colectiva bien organizada que subsanase la falta de técnica del anuncio de algunos comerciantes e industriales que comenzase por afirmar la superioridad de los productos que Galicia vende y exporta, y pusiese a los compradores en guardia contra las falsificaciones, y que fuese una guia del comprador donde las mercancías gallegas pudiesen contar al público sus buenas cualidades y sus ventajas sobre las que le disputan el mercado. Por esta razón determinábamos que la revista se imprimiría en papel bueno para que en la ilustración de la publicidad se pudiesen emplear todos los recursos del fotograbado, cosa indispensable en gran número de industrias y comercios.

El 30 de octubre de 1920 comenzamos la publicación de la revista proyectada, con el título de Nós, bajo la dirección de don Vicente Risco, con un cuerpo de redacción formado por los señores Cabanillas, Castelao, Losada Diéguez, Prado (Lameiro), Otero Pedrayo y F. Cuevillas, y con la promesa formal de colaboración de Teixeira de Pascoaes, Johan Viqueira, Phileas Lebesque, Leonardo Rodrígues, Antón Villar Ponte, Wenceslao Fernández Flórez, etc., etc.

El éxito que alcanzó Nós en el mercado fue tan grande, que hubo necesidad de aumentar la tirada para poder atender a la gran demanda americana.

La variedad de materias que en Nós se tratan llevan la revista a manos de un público numeroso y homogéneo, pues no hay persona que no encuentre en ello algo que le interese; y la seriedad con que trata los asuntos hace que su publicidad se beneficie con la impresión producida por la redacción.

Lo interesante de los asuntos que se estudian en Nós y su buena presentación, hacen que esta revista se guarde, se coleccione y se preste; y que por ello llegue a manos de gran número de personas. En vista de esto, los comerciantes inteligentes formularon este axioma: 'Un anuncio permanente en Nós es un impuesto sobre la venta que beneficia a quien lo paga'”.

Ramón Otero plasmou a personalidade de Arturo no “Libro dos amigos”:  

“Co nome de Arturo Noguerol vai en min cinguida a lembranza de vivires mañanceiros choutantes de porvir, e a tristura dunha rexa e levian intelixenza non coallada nos froitos agardados. .../...

Noguerol foi no Galeguismo o arbitrista, o financeiro, o home das trazas e recursos precisos para sacar adiante unhas eleiciós, a edición dun libro, a carreira dun rapas de proveito”.

Foi o pasamento como un espertar punxante e frío. Agardaba vivire aínda. Co il outros amigos. Todos finaron a caron do espellar engayolado en montes, de aquila duros coallados en pesadelo, da badía ferrolán.

A terra de Galicia, de tanto sofrir polos fillos queridos, poidera ser avarenta das bágoas.

Pensan algúns ser cativa ofrenda o chorar. Mais agás das horas de silencio esculturadas en feitura de penedias ¿qué millor sentimento ós mortiños?”.

O 12 de setembro de 1936 Arturo Noguerol foi fusilado na estrada de Ferrol á Coruña con outras 12 persoas, 2 delas mulleres, por grupos paramilitares.

Te puede interesar