Aspanas denuncia o abandono do seu centro de Velle durante 20 anos

A asociación Aspanas (pais e nais de persoas con discapacidade intelectual de Ourense) leva dende os anos 90 ofrecendo apoio ás persoas con discapacidade intelectual e ós seus familiares no seu centro de Velle. O edificio, situado entre o campo de fútbol e a ponte de Velle, sofre un estado “lamentable de abandono”, segundo amoxou o vicepresidente da asociación, Julio Rodríguez. 

“Os nosos fillos e irmáns atópanse aquí, moitos deles internos vivindo nunhas condicións que dan vergoña”. A Julio tócalle de preto, ten dúas irmás 52 e 56 anos internas e non soporta “ver esto así”. Pero os internos supoñen un terzo dos usuarios, xa que dos 90, únicamente 30 pernoctan alí. A aportación media de 300 euros por persoa non acada para reparar os danos da estructura. Rodríguez exixe á Xunta , e á Consellería de Política Social unha reforma que permita “unha convivencia digna”. 

Estado do centro

Ao cruzar polo recibidor unha silla frea unha maceta xigante con rodas  ao final dunha rampa. Xusto enriba, os buracos das goteras asemellan orificios das balas da Guerra Civil. Algúns acadan os cinco centímetros de diámetro. “O illamento é inexistente. O tellado son planchas metálicas, debaixo teñen ladrillo e despois, falso teito que como se ve, está completamente danado”, afirma Rodríguez. “Xa non cae só auga, cae óxido tamén”. O vicepresidente diríxese cara as aulas, onde outra rampa de acceso está impregnada con manchas de ferro. “Aquí encharcámonos”, asegura. “El agua es muy incómoda”, di Mercedes García, unha usuaria do obradoiro de xabóns. 

“No verán pasa ao contrario”, continúa Rodríguez, e nun paseo ata os corredores dos cuartos amoxa o teito a través dunha fiestra: “Tivemos dous golpes de calor o ano pasado. Estabamos a 35ºC ás dez da noite. Estas planchas metálicas acumulan moitísima temperatura”. E pola outra banda, o vicepresidente destaca que este inverno gastaron “40.000 euros en gasoil, que se di pronto”, polo mal illamento da estructura. 

No único ascensor do que dispoñen apenas entra unha cadeira de rodas e, “a idade media dos usuarios ronda os 40 anos, tendo 72 a máis maior”. Sabendo que as discapacidades mentais acarrexan na súa maioría mobiliade reducida, “o asunto se complica”, reitera Julio Rodríguez. 

A pista deportiva é a última parada do “tour”. É un campo de fútbol de cemento, con dúas porterías e dous paus oxidados que, en tempos, foran canastras. “Os usuarios teñen que facer deporte cada día, está na súa rutina. No inverno non poden correr se chove, e no verán menos aínda”. Exixe un pabillón adecuado.

Te puede interesar