OURENSE

Baltar pon en valor o Observatorio Económico para deseñar políticas

635609069466775590w
photo_camera Manuel Baltar, esta mañana, en el centro de la imagen.

O presidente provincial resaltou o crecemento do emprego industrial na zona a un ritmo anual do 4,2% e do sector servizos ao 2,3%,

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, amosou hoxe a súa satisfacción polos resultados obtidos co Observatorio Económico Ourensán, e asegurou que representa unha "importante ferramenta para deseñar e aplicar políticas públicas", que se completará coa incorporación dun estudo demográfico.

Baltar presentou hoxe o resumo anual do Observatorio Económico Ourensán da bisbarra de Verín, un acto que contou coa presenza do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, así como alcaldes da bisbarra, técnicos de emprego, empresarios e axentes sociais.

O presidente provincial resaltou o crecemento do emprego industrial na zona a un ritmo anual do 4,2% e do sector servizos ao 2,3%, cun mercado de traballo da industria formado na actualidade por preto de 750 empregos e o dos servizos por algo máis de 2.800.

Na súa intervención, destacou a importancia desta ferramenta á hora de "poñela a disposición de veciños, empresas, administracións públicas e formacións políticas, mesmo para poder elaborar programas electorais,".

Así, remarcou que, se a Deputación de Ourense non fixese este traballo, "existiría a accesibilidade a estes datos", "por iso -o Observatorio- é un instrumento fundamental para facer políticas a favor dos cidadáns.

Como bisbarra transfronteiriza, sinalou que Verín concentrará accións e iniciativas nos catro grandes eixes que a Deputación de Ourense "fará valer en Europa" para o horizonte 2020, a través dos plans "Ourense Provincia Intelixente", "Ourense Termal", "Competitividade Ourense", e a Axencia Provincial de Enerxía e Medio Ambiente.

Pola súa banda, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, sinalou a industria química e farmacéutica (cun incremento do 21%); alimentación e bebidas, cunha suba do 18%; e metalurxia e fabricación de produtos metálicos como as tres ramas con maior ritmo de xeración de emprego, o que a sitúa a Verín como "unha das tres bisbarras -xunto con Allariz e Maceda- que mellor aguantaron a crise".

Dentro destas cifras, detallou que o grupo da alimentación e bebidas sustenta o 42% do emprego industrial da bisbarra, o téxtil preto do 19%, a madeira o 11% e a metalurxia o 10%.

No sector servizos, resaltou a xeración neta de emprego, onde o comercio "impulsa a metade de empregos existentes dentro do sector servizos no conxunto da bisbarra de Verín". En canto á composición do sector alimentario, Verín concentra o 60% das empresas ourensás de augas envasadas, e un 10% das bebidas alcohólicas.

Te puede interesar