LITERATURA - OURENSE

Unha "biblioteca vivente" fomenta o uso do galego

O Auditorio Municipal acolle hoxe e mañá as primeiras experiencias deste proxecto educativo

Unha "biblioteca vivente" achegará a 300 mozos de Secundaria e dos ciclos de Animación Sociocultural e Educación Infantil as historias de persoas vinculadas co patrimonio cultural inmaterial e con Ourense. O proxecto "Tesouros vivos", organizado polo Concello de Ourense e por Xandobela Educación e Cultura, busca "reforzar o uso do galego no día a día das novas xeracións".

O Auditorio Municipal acolle hoxe e mañá as primeiras experiencias deste proxecto educativo. A idea é que os participantes escollan entre un catálogo de oito libros, a través dos que poderán "ler" en carne e oso a historia dos protagonistas, con detalles sobre as súas biografías ou información sobre a cidade.  Os libros son "persoas" que difunden o seu relato a través da interacción. 

"Durante dous días poderán descubrir á xente que se agocha tras esta publicación e manter con eles unha conversa que lles sirva para estimular o uso do galego", indica Belén Iglesias, concelleira de Educación.

A iniciativa naceu en Dinamarca no ano 2000. 

Te puede interesar