O BNG de Ourense aposta polo reequilibrio territorial como “prioridade”

Ana Pontón, onte en Ourense.
photo_camera Ana Pontón, onte en Ourense.

A portavoz nacional, Ana Pontón, reafirmou onte o compromiso do BNG na defensa de Ourense, que sintetizou con propostas concretas en materia de industria, infraestruturas e mobilidade, tres ámbitos que considerou “prioritarios” para o desenvolvemento da cidade e do conxunto da provincia. Así o avanzou logo da primeira reunión do “goberno alternativo” co que o BNG dará réplica ao PP -unha fórmula inspirada nos gabinetes na sombra da tradición parlamentaria inglesa- que desenvolveu o seu primeiro encontro de traballo na capital das Burgas.“ Queriamos que a primeira visita fose a Ourense porque este país precisa políticas de reequilibrio territorial e frear a tendencia dos últimos anos de abandono e falta de investimentos”, dixo.

Avanzou a aposta pola Mesa pola Industria de Ourense, o impulso dunha estación ferroviaria de mercadorías e por que “dunha vez por todas, se desbloquee o transporte metropolitano”.

Te puede interesar