O BNG solicita unha xunta de portavoces na Diputación para analizar os efectos do temporal e buscar solucións

O BNG pide que se declare A Limia coma zona catastrófica


O grupo do BNG na Deputación insta mediante unha moción á convocatoria dunha xunta de portavoces co fin analizar as consecuencias que tivo para os sectores produtivos e as infraestruturas as choivas caídas durantes as últimas semanas, abordando as posíbeis solucións aos afectados e afectadas

Ante as consecuencias que tivo na provincia ourensana as fortes precipitacións dos últimos días, o grupo do BNG na Deputación solicitou hoxe, con carácter urxente, a reunión da xunta de portavoces para analizar a situación e tomar unha serie de medidas que palíen os danos ocasionados polas enchentes.

Dentro das propostas que se recollen nesta moción destaca o primeiro punto, no que os nacionalistas instan 'tanto a Xunta de Galiza como ao Goberno do Estado a Declaración da Comarca da Limia como Zona Catastrófica'.

Ademáis doutra serie de aspectos complementarios, o BNG recolle a necesidade da estimación das perdas para poder prantexar as diferentes axudas que recibirían os afectados -que se terían que inscribir nun censo creado a tal propósito-.



Te puede interesar