O BNG reclama o apoio
 das institucións ó galego

photo_camera Susana García e Leopoldo Rodríguez na rolda de prensa de onte na sede do BNG

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense solicitou a convocatoria da Xunta de voceiros para elaborar unha declaración institucional de apoio á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego o vindeiro domingo, 8 de febreiro en Santiago.

A concelleira Susana García apuntou que en Ourense caeu en máis de 10 puntos o número de galegofalantes, "razón pola que o Concello, máis ca nunca, debe ter un papel dinamizador que free esta situación".

Tamén no pleno da Deputación o BNG vai solicitar que dende a institución se anime á cidadanía a participar na manifestación. O deputado nacionalista no organismo provincial Leopoldo Rodríguez Puga tamén fixo referencia a que as enquisas detectan un descenso alarmante no uso do galego entre os cidadadáns, “é imposíbel viver en galego as 24 horas do día con normalidade”. Falou da situación concreta do ensino e de que é imposíbel educar ós fillos en galego porque a Xunta non deixa que sexamos usuarios da nosa lingua na nosa terra", suliñou.

Te puede interesar