OS XARDíNS DE OURENSE

Campus universitario do prado

JOSÉ PAZ
photo_camera JOSÉ PAZ

O campus Universitario do Prado, máis o espazo verde adxacente orientado cara ó nordés da cidade de Ourense, atópase situado entre as rúas José Villaamil Castro, Prado, Casarellas maila avenida de Otero Pedrayo, esta última a máis ancha, con seis carrís de alta densidade de tráfico. O novo campus se comunica co do Sur mediante unha longa pasarela exclusivamente peonil, tendida sobre a avenida de Otero Pedrayo. O recinto universitario atopándose atravesado diagonalmente pola rúa Mestre Albino Núñez.

Os edificios pertencentes á facultade de Ciencias Económicas, Empresariales e Turismo, de seis plantas, a Biblioteca Central, Acxt, un centro estudiantil, máis outro administrativo, ademais das piscinas cubertas, un campo de fútbol e unha cancha de tenis, e unha moderna gardería infantil, esta última deseñada polo arquitecto navarro Patxi Mangado, ocupan parte de esta superficie verde conxuntamente có espazo do Prado, catalogados ambos máis como parques urbanos que solares.

A totalidade do recinto se atopa rodeado de viales, do mesmo xeito co limítrofe do Prado, contando ambos con dous espazos húmidos que, trala súa recuperación e adición de vexetación, logrouse a creación de senllos ecosistemas completos e autosuficientes nos que se respectou tanto o seu compoñente estético como ecolóxico.

É a Oficina de Medio Ambiente, dependente do campus, a encargada da realización das labores de conservación e mantemento de todos os espazos vexetais existentes, ademais de contar cun pequeno horto escolar e da plantación de outros novos espazos verdes, seguindo o acertado criterio dun afán de divulgación tendente non só á recreación dun ecosistema eficaz puramente autóctono, senon á creación dun espazo singularmente atractivo.

No centro deste espazo singular natural que ocupa aproximadamente uns 47.000 metros cadrados, ós que se suman os cércanos terreos de O Prado, duns 5.600, se sitúa o monumento adicado á Xeración Nos, creada polo arquitecto carballiñés, mestre da Escola de Arquitectura de A Coruña, Fernando Blanco no ano 1997. Pedra e ferro son os dous elementos que compoñen o punto de atracción central deste espazo verde. A peza a forma unha gran pedra granítica ou penedo de grao azul, de 70 metros cúbicos, dun peso de 200 toneladas, atravesado por unha longa lámina de chapa de naval de 12 milímetros de grosor, pola que anteriormente corría un canle para a circulación de auga. Un reloxo de sol situado na cara lisa, ó igual cunha punta de frecha, parece indicar o camiño cultural a seguir polas xeracións presentes mailas vindeiras neste espazo cultural.

A representación das especies caducifolias no espacio superior atópase presente no pradairo de folla de freixo, pradairo prateado, mirobálano e tileiro americano, e no espazo inferior, con exemplares de árbores caducifolias como o da seda, o chopo pratado mailo chopo lamigueiro, entre outros.

Te puede interesar