OURENSE

Celebra e antigüidades levaron a máis de 5.000 persoas ata Expourense

Os dous desfiles de moda nupcial e actos sociais encheron o certame

Expourense clausurou unha fin de semana de completa ocupación con máis de 5.000 visitas entre as dúas feiras que se desenvolveron no recinto: Celebra, o salón de actos sociais que cumple a súa decimoquinta edición, e a primeira Feira de Antigüidades de Ourense (organizada neste caso por Nougrupfiral).

No caso de Celebra, esta edición definiuse, segundo a organización, por un marcado carácter creativo impulsado por emprendedores de Ourense en moda nupcial e de festa. A pasarela, o acto que congregou máis xente, convocou a centos de persoas interesadas en coñecer as tendencias das firmas colaboradoras entre as que se atopaban Alvarino, Ana Barril ou Noar Novias, que presentaron deseños de coleccións de fabricación propia, acompañados por estilismos internacionais en perruquería e maquillaxe, elaborados por Peluquería París.

Moda nupcial

As tendencias que se puideron observar para a próxima tempada en moda nupcial de vestidos de noiva foron o emprego de telas coma o tul ou o encaixe, as faldas con moito vó ou axustadas, e os escotes pechados e adornados. En moda nupcial para home segue reinando o traxe negro pero esta tempada se levarán traxes entallados e semichaqués.

Á hora de organizar un evento, os profesionais coinciden en que algúns dos elementos máis demandados, e así se demostrou esta fin de semana, está sendo a instalación de mesas doces e os “photocalls” para a diversión e entretemento dos invitados.

Os visitantes que se achegaron ata o recinto esta fin de semana puideron descubrir tamén moitos tesouros escondidos na Feira de Antigüidades, que destacou polo coidado e a calidade das mercancías achegadas ata o pavillón dende toda a xeografía española. O interese espertado por esta oferta facilitará a organización de próximos certames deste tipo nos vindeiros anos, segundo manifestou a empresa promotora da mesma.

Te puede interesar