FESTIVAL GASTRONÓMICO DO BACALHAU

Chaves tenta aos ourensáns co seu bacallau

Chaves será a capital do bacallau do 1 ao 5 de maio

Unha representación da veciña localidade lusa de Chaves desprazouse ata a Ourense para presentar a terceira edición do Festival Gastronómico do Bacalhau, que a vila trasmontana acollerá do 1 ao 5 de maio. Para abrir apetito, un chef chegado dun dos mellores restaurantes de Chaves, elaborou onte un prato de autor de bacallau diante do público na céntrica praza de Bispo Cesáreo. Foi o presidente da cámara municipal flaviense, Nuno Vaz, o encargado de relatar os detalles. 

Un total de 62 restaurantes servirán pratos de bacallau, marcados pola exuberancia e sabor da gastronomía da localidade. Deles,  26 preséntase ao concurso gastronómico, nas categorías de mellor entrante, mellor prato principal, mellor prato tradicional, talento novo e innovación gastronómica. Amais dos premios do xurado, o público elixirá o galardón ao mellor restaurante. Na anterior edición, os vencedores foran o Míscaro (prato principal) e o 83 Gastrobar (premio do público).

Te puede interesar