OURENSE

Comezou a campaña de recollida de alimentos, libros e xoguetes

photo_camera Vichy Rodríguez, Virxilio Rodríguez, Bienvenido Conde, Rosa María Guerra.

Estará aberta ata o 19 de decembro e terá seis puntos habilitados no campus de Ourense para facilitar a entrega do material

A nova edición da campaña de recollida de alimentos básicos non perecedeiros, libros e xoguetes presentouse esta mañá no Edificio de Ferro. Unha iniciativa que coordina a Oficina Voluntaria do campus de Ourense xunto co Banco de Alimentos e a Cruz Vermella. Virxilio Rodríguez, vicerrector do campus ourensán, explicou que "a Universidade de Vigo é solidaria e participativa e fai un chamamento á comunidade para que acheguen bens materiais que logo estas instituciónes de referencia canalicen para que cheguen a aqueles que máis o necesitan e que non poden adquirirlos polos seus propios medios".

A campaña de recollida de alimentos estará aberta ata o 19 de decembro e terá zonas habilitadas como as entradas do Edificio de Ferro, o Edificio Politécnico, o Edificio Xurídico-Empresarial, a Biblioteca Rosalía de Castro e o Pavillón de Deportes para facilitar a entrega dos donativos. A organización dá a benvida a todos os alimentos pero apunta que hai unha maior necesidade de alimentos para o almorzo, como leite cacao ou galletas. "O doado é pasta, arroz, legumes...pero tes que acompañalos con algo", dixo Bienvenido Conde, membro do Banco de Alimentos.

Te puede interesar