Aportará 109.000 que irán adicadas ao mantemento, renovación de material e funcionamento das instalacións
O Concello anunciou que este ano aumenta nun 43,4% as axudas a Progape. A cantidade oficial é de 109.000 euros que irán adicados ao mantemento, renovación de material e funcionamento do albergue de animais. A esta cifra hai que engadirlle 60.100 euros para o proxecto de mellora do albergue que se fundamentará en varios eixos como 8 novas xaulas para a hospitalización de animais, a substitución e adecuación de peches e portas metálicas.