CONCELLO DE OURENSE

O Concello vólcase coa fin da trata ilegal de persoas

Emitiu unha declaración no día mundial contra o tráfico de seres humanos

Con motivo do Día Internacional contra a Trata de Persoas (18 de outubro), o Concello de Ourense emitiu unha declaración na que puxo de manifesto que obxectivo dos poderes públicos ten que ser o dar un salto adiante para que a loita contra a trata de seres humanos sexa un asunto presente na axenda política de xeito permanente "en tanto non logremos a erradicación deste delito".

Con ese fin, reza o escrito, é imprescindible artellar mecanismos efectivos de protección ás vítimas de trata, "nomeadamente coa promulgación dunha lei integral contra a trata", que inclúa un estatuto da vítima, "que garanta a súa protección e recuperación total e aborde a loita contra a trata desde unha perspectiva de dereitos humanos".

A declaración conclúe poñendo de relevancia a necesidade de realizar maiores esforzos para afrontar a trata con calquera fin de xxplotación, incluindo a adopción dun plan integral que cubra tamén a trata con fins de explotación laboral.

Te puede interesar