Dúas películas españolas abren e pechan o Festival de Cine

O Festival de Cine Internacional de Ourense abrirá e pechará a súa próxima edición -que será a número 17- con dúas producións estatais que se estrearán en Ourense antes de pasar polas salas comerciais. Así, a inauguración correrá da conta da película 'Buscando a Eimish', ópera prima da directora Ana García Rosell e protagonizada por Manuela Vellés e Óscar Jaenada, entre outros, e que xa pasou por prestixiosos festivais internacionais coma os de Shangai, Londres ou Tolouse.
Mentras, na gala de clausura do certame proxectarase '12+1', unha comedia metafísica e filme coral dirixido por Chiqui Carabante que destila humor polos catro costados, segundo salientaba onte a organización do festival ourensán.


ENTRADAS A DOUS EUROS

Ámbolos dous filmes proxectaranse logo das galas de apertura e de clausura, que terán lugar no Auditorio municipal o vindeiro 2 de novembro e o 10 dese mes, respectivamente. A novidade para esta edición estará no acceso a estes actos, que terá un custo de dous euros, un prezo que a organización considera 'simbólico e unha forma de colaborar co certame'. As entradas poderán mercarse na Oficina do OUFF, na Oficina de Turismo (rúa Isabel a Católica) e no posto do OUFF no centro comercial Ponte Vella.

O financiamento do festival viuse afectado nesta edición pola decisión da Deputación provincial de non colaborar na organización deste certame, de xeito que o Concello convertiuse no único promotor.

Te puede interesar