SOLIDARIDAD

A entidade social Juan Soñador atendeu a 600 persoas desfavorecidas

Dibujo
photo_camera Voluntarios e participantes da I Semana da Inclusión Social

A fundación organiza unhas xornadas sobre a inclusión sociolaboral

A fundación Juan Soñador organiza por primeira vez en Ourense a Semana da Inclusión Social, que leva como lema "Achegando realidades". A actividade, financiada polo Concello, ten como obxectivo dar visibilidade ao traballo que realiza a entidade, que durante o 2014 atendeu a 600 persoas migrantes en situación de exclusión social. "Ademais, temos unha vivenda de acollida para os que están na rúa. O ano pasado aloxáronse alí 12 persoas", dixo Nuria García Calvo, traballadora social da Fundación, durante a inauguración da semana.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou o traballo da entidade, que leva a cabo proxectos sociolaborais para facilitar á inserción das persoas aínda que precisou que é necesario entender e respectar a realidade de cada unha delas. "É vital buscar esa inclusión non homoxenizando senón integrando e respectando as diferencias de cada pobo e familia", dixo Vázquez.

O director social da fundación Juan Soñador, José Manuel Blanco, amosou o seu agradecemento á consellería de Asuntos Sociais pola súa implicación nesta semana da inclusión social, que ten como pretensión "cambiar mentalidades, corazóns, leis e isto ten que se mediante a colaboración de todos", dixo. En canto á programación, hoxe presentarase ás 19.30 horas na aula magna do Colexio Salesianos unha exposición infantil, que leva como título "Ponlle cara á inclusión". A mostra inclúe un total de 215 debuxos feitos por nenos. Na mesa redonda de mañá, que comezará ás 19.30 horas, farase unha reflexión sobre as circunstancias das persoas que chegan á nosa cidade, "cada vez en situacións máis precarias", dixo Nuria García.

As actividades clausuraranse o sábado na Praza Maior cun "Magosto intercultural", donde se poderá degustar productos típicos de diferentes culturas. Asimesmo, na sede da Fundación Juan Soñador, ubicada na rúa Pena Trevinca, estará aberta ao público ata o 7 de novembro a exposición fotográfica "La mirada también habla".

Te puede interesar