Actor e director da Miteu

Fernando Dacosta: ‘O teatro está a subsitir con dignidade pero sempre ten que estar loitando por facelo’‘

Actor, director e dramaturgo ourensán, Fernando Dacosta está detrás dos grandes eventos teatrais da cidade. A Miteu é nestes intres o seu proxecto máis próximo.
En menos dun mes regresa a Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu). Que significa para un proxecto que empezou sendo unha actividade cultural mais do Campus a extenderse a toda a cidade e celebrar o seu 14 cumpleanos?

É certo que naceu como unha iniciativa cultural do Campus pero xa dende o primeiro momento tivo o apoio do Concello, despois do Teatro Principal e no seu terceiro ano entrou a Xunta. A partir dese momento foi cando se puido empezar a pensar xa nunha programación de grande alcance cultural e, nese senso, Sarabela coa súa experiencia de compañía teatral, o que fai é xestionar para traer programacións extensas e de calidade pero co menor diñeiro posible porque na súa maoría son cartos públicos. Grazas a estar dentro da profesión as veces se conseguen cachés de compañías importantes que por ser amigos e estar interesados na filosofía da Miteu veñen con prezos máis económicos. Por iso este ano conseguimos traer a ‘Bambalinas Asesinas’ con actores como Serxio Pazos e Tonino, ‘Mastreta’ ou a compañía profesional arxentina de teatro de sombras. O éxito na resposta de público e o feito de que hai varias administracións unidas fai que teñamos unha mostra universitaria de referencia internacional nunha cidade como Ourense.

Despois de 14 anos, é difícil sorprender e seguir gañando a fidelidade do público?

Xogamos con algo positivo como é que a mostra se coñece e a xente está esperando a súa chegada para abril. É difícil sorprender pero o que teñen as mostras e que cada ano é distinto porque cambian directores, actores, o programa en que se basean as montaxes. Cada ano a variación está na propia programación e o que temos que facer é coidala e que sexa variada para chegar a moitos. Ademais diso, cremos que tamén é moi asequible. A cultura hai que pagala pero que poida ser pagada por calquera e hoxe en día poder ver un espectáculo por dous euros creo que pasa en poucos sitios.

Miteu, Moti, Fito. Parece que Ourense se consolida como unha cidade de teatro, pero esa cantidade e calidade está promocionada e arroupada?

Os medios de comunicación xogan un papel moi importante para dar a coñecer que esto existe. En canto ás administracións, está claro que se houbera máis apoios faríanse máis cousas, porque ideas e gañas de soñar sempre hai. Nós ata o de agora nunca tivemos apoio ministerial e o das entidade privadas e case nulo. É algo que queda pendente e sempre é mellorable.

A parte destas tres mostras, como está a programación teatral no resto do ano?


Están vindo cousas moi interesantes. Tanto o Teatro Princi pal como o Auditorio, que son os grandes exhibidores teatrais da cidade, como outras iniciativas como a Universidade están subiendo en calidade. É certo que as veces os cheos nos teatros responden máis a que un actor é coñecido que á propia calidade da obra, pero é algo que sabemos que está aí.

Teremos a Sarabela como compañía residente de Ourense?


A iniciativa das compañías residentes está sobre a mesa, pero estamos un pouco en espera porque para activala se necesita o apoio do Concello pero tamén da Xunta e como neste momento hai un cambio de goberno, hai que ver que decisións toman. Para Sarabela suporía máis estabilidade profesional, unha producción teatral importante asegurada e a posibilidade de contratar a máis actores e seguir tendo incidencia na cidade.

A Escola de Teatro municipal é unha gran aportación?


Ignoro como está e o seu funcionamento. Debería ter a súa trascendencia porque unha escola así podería abranguer dende o ámbito infantil ata a terceira idade, pero no sei se están indo por aí as cousas.

Frente a música ou o cine, o teatro segue a ser o parruli feo?


Está a cambiar. Os útimos datos mostran un repunte de asistencia ós actos teatrais. Creo que é unha resposta lóxica na era da dixitalización, do contacto individual coa comunicación, porque nace unha necesidade de socialización e o gusto polo directo e o artesán e eso o teatro non o perde.

É unha boa canle de evasión ante a crise ou esta é un obstáculo máis para o teatro?

Afecta sobre todo en canto que os orzamentos do teatro parten da administración pública e se hai recortes chegan ó teatro. Ademais é un sector que dende hai anos non está poidendo aumentar os custes da taquilla. Está subsistindo con dignidade pero sempre ten que estar loitando por facelo. O teatro non é que estea en crise, é crise.

¿Hai longa vida para o teatro en Ourense?


Esperemos que si porque é unha arte moi antigua que nace no momento en que alguén quere contar algo e hai alguén disposto a esoitar. Como arte tan primitiva no creo que as cousas cambien tanto como deixar de facerse. O teatro o que fai é transformar ás persoas, transmitirlle sentimentos e emocións e é aí onde haí que positivar o teatro, en velo como transformador de conciencias. Estimula o espíritu crítico é artístico porque é un compendio de artes (música, escenografía, texto literario...)

Te puede interesar