Igrexa de Santa María de Reza

O templo parroquial de Santa María de Reza ocupa un lugar privilexiado situado na aba do monte coñecido como Santa Ladaíña contando con excelentes vistas sobre o cércano pai dos ríos galegos, o Miño. As primeiras referencias documentais sobre a igrexa aparecen nun documento datado no século XIII. Resulta particularmente interesante a citada documentación na que se describe unha talla policromada documentada igualmente no mesmo século que contribúe a fechar a data de construción do edificio relixioso. Outro dato que constata a antigüidade do santuario o constitúe a existencia dunha cantiga do século XIII dedicada á Virxe de Reza, obra do trobador Arias Páez. A popular talla sedante da Nai de Deus atopouse acochada tras un retablo lateral no decurso das obras de restauración da igrexa efectuadas durante ano 1964. A piadosa imaxe de madeira policromada, data do século XII, e nela representase á Virxe sedante coroada no seu trono atopándose actualmente gravemente afectada por variadas e graves mutilacións como a perda das mans mais o divino Neno. 

A talla, moi venerada pola xente de Reza, é de orixe inglés, datada no 1500, ano no que se sacou do seu país de orixe pola arbitraria disolución dos mosteiros decretada polo rei Enrique VIII, entre os anos 1536 e 1540. Tras chegar a Vigo a través da vía marítima comprada por un comerciante xudeu adquiriuna con posterioridade o arcedian de Varoncelli, don Alfonso Fonseca Ulla, sendo levada a Reza con ocasión da peste que, naquelas datas, devastaba a zona, feito que tras unha serie de rogativas á Virxe, cedeu o terrible angazo sendo considerando o feito como unha intervención divina, polo que o cabido catedralicio mailo propio Concello de Ourense decidiu, como acción de grazas, instituír de xeito permanente, un novenario referendado con posterioridade ante a pertinaz seca que afectaba aos cultivos da zona máis tarde.

A igrexa románica tardía na súa orixe foi amplamente reformada posteriormente dentro do estilo barroco e neoclásico, entre os séculos XVII e XVIII; pese a elo a parte románica aínda atópase presente actualmente mediante diversos elementos existentes situados no muro sur con ben traballados canícelos ao igual cos sillares orixinais belamente decorados con diversos motivos tanto xeométricos como vexetais e figurativos, reflectidos un deles na testa dun porco xunto con diversas cabezas humanas e abundantes marcas de canteiros sobre as pedras.

A fachada, de estilo barroco, ostenta un frontón triangular na portada así como na parte superior unha torre campanario ou espadana, de base cadrada aberta cara o exterior mediante catro arcos de medio punto en cada unha das súas cara, enmarcados por contrafortes, todo coroado artisticamente por pináculos e unha cruz. O interior do templo é de estilo románico de unha só nave cuberta a dúas augas, con cúpula central semicircular apoiada sobre pechinas estas decoradas con interesantes pinturas e protexida cunha balaustrada de madeira. A capela maior posúe un retablo baldaquino do século XVIII, de cor dourado, rodeando na súa parte central por testas aladas de serafíns que alberga a bonita imaxe de madeira da Nosa Señora de Reza con coroa de prata maciza enmarcada por un arco de raios No ático sobresae unha escena en relevo da Durmición da Nai de Deus e, por riba, unha talla de vulto redondo da Asunción. Preto dos extremo do arco de medio punto de acceso ó presbiterio, de esquerda a dereita, atópanse a pequena imaxe de san Roque, namentres no muro lateral correspondente ao evanxeo atópase unha unha talla da Inmaculada Concepción, de clara influencia artística imposta polo estilo do mestre escultor galego Gregorio Fernández; tamén é de destacar unha pía bautismal labrada en pedra sostida por modillóns, desgraciadamente moi modificada situada preto da porta de acceso ó templo, sen esquecer, no chan, a presenza dunha interesante lauda sepulcral decorada cun deteriorado escudo nobiliario.

Te puede interesar