O Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello do Irixo para a mellora do contorno urbano dos núcleos do Irixo e Dadín. A Xunta invertirá 300.000 euros para esta rehabilitación enmarcada no Plan Hurbe.
A intervención no Irixo comprende a pavimentación en pedra granítica de varias rúas, xa que o actual firme está en mal estado e con deficientes servizos urbanísticos que impiden o normal desenvolvemento das actividades diarias dos residentes.
As obras centraranse na dotación de sumidoiros das augas pluviais e a instalación de elementos de mobiliario urbano. Tamén se prevé a recuperación de tres espazos públicos actualmente abandonados.
Por outra parte, en Dadín proxéctase o acondicionamento dunha zona de espallamento e paseo para os habitantes da localidade. Os traballos rehabilitarán un muro para garantir a seguridade nun paseo moi concorrido polos cidadáns e visitantes, segundo indicaron as autoridades municipais do Irixo.