O dirixente asegurou que 'a comunicación directa cos veciños' será a súa máxima dedicación

José Luis Ferro, elixido novo presidente do PP en Celanova

Manuel Baltar habla ante el oído atento de José Luis Ferro y Antonio Mouriño.
José Luís Ferro Iglesias foi elixido hoxe novo presidente local do Partido Popular de Celanova co 100% de apoio dos compromisarios que votaron no congreso desenvolvido onte no salón de actos do mosteiro de San Salvador en Celanova.
Ferro agradeceu o apoio masivo recibido polos electores populares do congreso afirmando que afronta 'con humildade, gratitude e ilusión esta responsabilidade para que Celanova siga a ter unha maioría popular'. Do seu programa enumerou 'a modernización do partido, a potenciación das novas tecnoloxías, abrir a sede do PP aos cidadáns, para que sexa un punto de referencia na vila, e potenciar o contacto cos pobos do rural'. Pero, por riba de todo, Ferro dixo que a comunicación directa cos veciños será a súa máxima dedicación 'para que entre todos fagamos un PP e unha Celanova máis grande'.

O congreso, ao que asistiron unhas 200 persoas entre afiliados e simpatizantes do PP de Celanova, foi clausurado polo presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen no seu discurso afirmou que tralo congreso desenvolvido en Maceda, 'prosegue hoxe en Celanova a renovación de liderados en moitos concellos da provincia de Ourense co obxectivo se seguir facendo partido todolos días do ano, coa vista posta nos comicios locais de 2015, pero, por riba de todo, pensando nos cidadáns e en mellorar o benestar da nosa sociedade'.

Manuel Baltar afirmou que hoxe é un momento difícil para facer política, 'pero cando faltan recursos é verdadeiramente cando se necesita unha política con maiúsculas para xestionar con eficacia e rigorosidade'.

'Os populares somos máis ?engadiu Baltar- porque somos quen de presentar sempre propostas en positivo e por iso temos o apoio electoral que sempre os cidadáns nos dan elección tras elección'.

Tanto Ferro como Baltar tiveron palabras de agradecemento para o exalcalde de Celanova, Antonio Mouriño, e concordaron que agora se inicia no PP comarcal unha nova etapa chea de retos e proxectos ilusionantes.

Te puede interesar