Latinoamérica e Europa, os mercados das pemes galegas

Evento de “Galicia Avanza” onde se presentaron os datos.
photo_camera Evento de “Galicia Avanza” onde se presentaron os datos.
Tres medianas empresas ourensás expandíronse no exterior grazas ao programa “Galicia Avanza”

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” axudou na súa segunda convocatoria a internacionalizar a tres empresas ourensanas. As beneficiarias foron Humanas de Barbadás, H. Paniagua do Carballiño e BiG Formación en San Cibrao das Viñas. O obxectivo desta colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica e o Parque Tecnolóxico de Galicia era que 30 pemes de base tecnolóxica de toda a comunidade traballasen na saída ao exterior e tamén, na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido. Deste xeito, segundo apuntan os datos da Xunta, a convocatoria “axudoulles a abrirlles novos mercados ou acceso a novos segmentos de clientes”. Por outra parte,  o programa procurou mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e  deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras empresas. 

 Segundo a información aportada, a empresa Humanas é unha consultaría en saúde organizacional fundada no 2014 que procura coñecer o estado do seu persoal e a súa implicación no proxecto profesional. Os seus primeiros clientes  foron empresas estranxeiras do norte de Europa e Latinoamérica. Tras o seu paso polo programa, comezan a ubicarse en territorio costarriqueño.

Pola súa parte, BiG Formación adicase á consultaría e a formación no ámbito da saúde, o sociosanitario e as TIC. A súa base está no Parque Tecnolóxico de Galicia e a pesar de ter éxito no mercado autonómico e nacional, co impulso de “Galicia Avanza” conseguiu abrir novas vías de negocio no mercado latinoamericano. En particular, en  México e Colombia.

Finalmente, H. Paniagua é unha destilería con máis de 140 anos  de historia adicada á elaboración e comercialización de destilados, cremas e licores en Galicia. A empresa exporta puntualmente a Alemaña, Suíza e Venezuela, ademais dalgunha incursión nos Estados Unidos. Coa axuda do programa lograron reforzar e ampliar a súa presenza internacional coa súa marca de licores e cremas “La Pócima”. Unha liña con variedade de sabores .

Te puede interesar