PARADA DE SIL

Máis apoios ao centro de discapacitados adultos

<p></p>
photo_camera Fachada da Casa Consistorial de Parada de Sil, onde se reúne a Corporación municipal.

A Corporación de Parada de Sil respaldou a infraestructura e o edil non adscrito Martín Amaro pediu mellores accesos e saneamento para Porto

O último pleno ordinario celebrado no Concello de Parada de Sil, ao que asistiron 32 veciños e veciñas, aprobouse por unanimidade unha moción instando a Xunta de Galicia a que cree en Ourense un centro para as persoas adultas con discapacidde funcional similar aos existentes nas outras provincias galegas, xa que Ourense é a única que non o ten. A Corporación de Parada de Sil respalda así a reivindicación da plataforma auspiciada polos pais do Centro de educación especial Miño, que xa logrou o compromiso da Xunta de abrir un centro así na antiga escola-fogar de Mariñamansa, aínda que quedan flecos que preocupan aos afectados.

A Corporación pide que sexa de xestión pública -unha das condicións dos pais-, non menor de 100 prazas dada a alta demanda que hai en Ourense -as previsións da Consellería de Política Social é inicialmente de menos prazas- e que se faga con carácter urxente.

Tamén se informou aos veciños do abandono do concelleiro Martin Amaro do PP pasando a formar parte do grupo de non adscritos e sendo Parada de Sil, o único concello de Ourense onde o PP non ten representación.

A alcaldesa, Yolanda Jácome, fixo no seu informe unha mención á compra polo concello de dúas vivendas en ruinas para rehabilitar e dar cabida a catro ou cinco parellas que queiran alugar en Parada de Sil, sendo un proxecto a dous anos.

Martín Amaro planteó, por cierto, una propuesta en la sesión plenaria, la mejora de los accesos y la construcción del saneamiento para la localidad de Porto, con esas infraestructuras muy deterioradas.

Te puede interesar