POLÍTICA SOCIAL

María José Fernández Laso, nova xefa territorial de Política Social de Ourense

31032017 TomaposesiónXTPolítica SocialOurense_result
photo_camera María José Fernandez, Francisco Javier Abad Pardo y Marisol Díaz Mouteira.

Na actualidade exercía como xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, na Subdelegación do Goberno de Ourense

O secretario xeral da Consellería de Política Social, Francisco Javier Abad Pardo, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiron este mediodía á toma de posesión da nova xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso.

De seguido, mantiveron unha xuntanza cos xefes e xefas de servizo co obxectivo de analizar os proxectos que este departamento autonómico está a desenvolver na provincia ourensá e concretar liñas de actuación.

O nomeamento de María José Fernández como xefa territorial do departamento autonómico na provincia de Ourense acordouse o mércores por resolución da Dirección Xeral da Función Pública.

Nada en Salamanca chega á Administración galega procedente da Administración do Estado, onde ingresou en 2005, desempeñando distintas funcións relacionadas co benestar e co mundo das persoas maiores. Na actualidade exercía como xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, na Subdelegación do Goberno de Ourense.

Díaz Mouteira solicitoulle á nova xefa territorial o seu máximo compromiso ao fronte desta responsabilidade provincial no departamento dirixido por José Manuel Rey Varela.

Te puede interesar