A mellor banda de Galicia

Actuación da banda Santádega, este pasado domingo, en Celanova.
photo_camera Actuación da banda Santádega, este pasado domingo, en Celanova.
Santádega, a banda de música municipal de Coles, coroouse este domingo como a mellor banda de Galicia. Toda unha institución no Concello e que dende que se presenta a este tipo de certames, só colleita éxitos a nivel galego.

Santádega, a banda de música municipal de Coles, non para de colleitar éxitos. O domingo foi coroada como a mellor banda de Galicia tras imporse a outras sete agrupacións no XV Certame Galego de Bandas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Os 63 integrantes desta banda están “que no se lo creen”, indica seu director, Roberto Iglesias. “Esta es la segunda vez que nos presentamos y la segunda que ganamos. En 2019 nos presentamos en la sección infantil y ya ganamos, y ahora hemos vuelto y hemos vuelto a ganar”, subliña. Deste xeito, a mellor banda de Galicia está en Coles.

E é que o relevo xeracional en Santádega está completamente asegurado, xa que, por exemplo, dúas das integrantes da agrupación gañadora do certame “solo tienen 9 años”. E o relevo tamén o garanten os máis de 30 nenos que compoñen a banda infantil. “Esto es una forma de que sigan motivados y sigan en la música”, destaca.

Iglesias agradece a “gran implicación que tiene el Concello con nosotros, ya no solo a nivel económico, sino de apoyo y de prestación de otros servicios”. Esta implicación demóstrase noutros eventos nos que participa a banda, “como el magosto que celebraremos la semana que viene, ya que la preparación había ido retrasándolo y ahora nos servirá como un gran fin de fiesta y para seguir haciendo piña”. 

MALA ÉPOCA

Roberto Iglesias fai fincapé na necesidade desta recuperación da actividade das bandas. “Con la pandemia hemos pasado tiempos duros. Hemos llegado a hacer ensayos los 60 a la vez a través de videollamadas porque no podíamos ensayar todos juntos”, conta o director. Con todo, a saúde da banda continúa en perfecto estado, xa que apenas sufriron “dos o tres bajas” en todo o periodo de pandemia, que foron cubertas rapidamente con rapaces que pasaron da banda infantil á “dos maiores”.

Te puede interesar