Nogueira fará un concurso de disfraces de Entroido

A data límite para realizar as inscrición é o 8 de febreiro, ata as 14,00 horas.  

O Concello de Nogueira de Ramuín vén de abrir o prazo de inscricións para o concurso de disfraces de Entroido que se celebrará o vindeiro 10 de febreiro. O lugar escollido para a celebración do evento é a Praza do Afiador, aínda que en caso de mal tempo se desprazará ao pavillón municipal. 

Un xurado outorgará os premios tanto para categoría individual como para comparsas. Nesta última categoría, as dotacións dos mesmos son de 250, 150 e 100 euros. Tamén haberá diversos premios sorpresa para os máis pequenos.

A data límite para realizar as inscrición é o 8 de febreiro, ata as 14,00 horas.  

Te puede interesar