ENTREVISTAS

Miguel Santalices: “Nunca renunciei aos meus principios, son fiel e leal cos que me axudaron”

Ourense. 28-01-2016. Miguel Santalices, presidente del Parlamento Gallego. Baltar
photo_camera Miguel Santalices, presidente del Parlamento Gallego.

O novo presidente do Parlamento galego sabe que chega ao cargo na etapa máis complicada, cando está a piques de rematar a lexislatura e a tensión crece polas eleccións.

Miguel Santalices augura resultados electorais complexos, cre que só Feijóo pode ser capaz de darlle un triunfo ao PP, preséntase como o deputado que máis ama ó Parlamento y di que unha das claves para ser un supervivinte da política -deputado autonómico dende 1997- é non desempeñar postos de relevancia, ata agora, claro.

Por qué o PP o elixiu a vostede?

Tivo moito que ver o grupo parlamentario popular, que valorou que unha das condicións que podería reunir é a miña experiencia; son o deputado máis veterano, que non o máis vello, ollo. E xa pasei pola vicepresidencia en tres ocasións.

É vostede un auténtico supervivinte. Como o consigue despois de tantos avatares políticos?

Primeiro, porque sempre me adiquei a un área específica, a de Sanidade. E ser portavoz dela non é sinxelo pero eu viña da xestión sanitaria e os meus coñecementos eran aproveitables; por certo, vou botar de menos esa comisión, aínda que sei que queda nas boas mans de Aurelio Núñez. Tamén me preocupei de non abarcar moita cousa para tratar con rigor a miña responsabilidade. Despois, e eso é importante, nunca tiven postos de relevancia. O que os ten está exposto ás sacudidas. Sei que sonei moitas veces para conselleiro e que escolleron sempre ó máis válido; non pasar por eso facilita seguir no posto. Nunha palabra, sempre estiven no segundo plano, ata agora.

Pero para manterse tamén tería que cambiar actitudes ou pensamentos.

Non, nunca tiven que renunciar aos meus principios, son unha persoa fiel e leal coas persoas que me axudaron.

Axudou Manuel Baltar a que podese ocupar a presidencia? Ao fin, é vostede é un recoñecido baltarista.

Todo axuda, claro. E o son, non o vou negar, son baltarista recoñecido porque quen me introduciu no mundo da política foi José Luis Baltar, que debeu ver algo en mín que lle interesara. Tardou en convencerme o tempo que tarda un ascensor dun noveno piso a un baixo.

Que un baltarista fose designado por un grupo parlamentario onde a maioría, con Feijóo á cabeza, non o é, significa algo?

Plena armonía, como debe de funcionar un partido político. Sei por onde vai e comprendo o morbo desta cuestión pero aquel asunto, o de pecharse nun piso, forma parte dun contexto muy lonxano e está superado, por suposto.

Que perspectiva percibe desta última etapa no Parlamento, coas eleccións autonómicas no horizonte?

Enfréntome á etapa máis conflictiva pero creo que me queda unha xestión moi importante. Explícome, como pasei polo hemiciclo e estiven na tribuna, son un parlamentario aguerrido; apaixóame o combate dialéctico pero cunhas liñas que non se poden traspasar. Quédame xestionar debates apaixoantes, en profundidade, e acéptoos con ironía pero hai cousas que non poido tolerar porque o insulto é degradante; nin alusións que poden ferir a sensibilidade de moita xente.

Pero vai cambiar o talante que se criticou durante a presidencia de Pilar Rojo?

Xa dixen na miña toma de posesión que valoraba de Pilar Rojo a súa superación ante as adversidades. É unha muller con moito traballo, que ten a facilidade de sabernos integrar aos que traballamos perto dela; nunca tivemos problema cos membros da mesa. Outra cousa é o contexto dos debates; ela, e eu, iniciamos unha lexislatura distinta. Estabamos acostumados a debates cruzados, duros pero non unha sobre-escenificación.

De quen, refírese a AGE?

Irrumpiu nesta etapa un grupo que sobreactúa e distorsiona. Hai deputados que buscan máis como desestabilizar, por iso hai que estar atentos e intentar que o Parlamento poida manter un debate normal. Non é fácil.

Que foi o máis importante que se fixo no Parlamento galego nesta última lexislatura, baixo o seu punto de vista?

Téñoo moi claro. O PSdeG presentou unha proposición de lei sobre a dignidade dos enfermos terminais, copiada de Andalucía ata o punto de que non quitaron o párrafo de que "esta ley será de aplicación en el ámbito de la Comunidad autónoma de Andalucía". É un tema moi sensible, o dos enfermos terminais, pero convencín ao meu grupo de que o tiñamos que aceptar. Cambiamos tódolos artigos, participamos tódolos grupos políticos e, ao final, saiu unha lei que non tivo unha crítica, todos recoñecementos. Síntome moi orgulloso. Pense que evitaría o caso de Andrea, a situación tan tráxica da morte da rapaza de Santiago. Aí, inxustamente, arremeteuse contra o servizo de Pediataría, que só cumplía unha resolución do xuiz. A lei entrou en vigor dous meses máis tarde.

E a gran cuestión pendiente?

Hai varias pero doulle moita importancia a unha lei que está actualmente en tramitación, a Lei do Solo, clave para os concellos.

É vostede un home. Dígoo porque a oposición criticou que non se seguise a tradición de que fora unha muller a presidenta. Cre que non teñen razón?

Temos unha vicepresidenta, Marta Rodríguez Arias, e moi eficiente. Debutou o outro día e gracias a ela fumos capaces de articular a votación porque manexa a informática como ninguén. E eu son nulo en eso.

Ourense. 28-01-2016. Miguel Santalices, presidente del Parlamento Gallego. Baltar"NON QUERO QUE DESAPAREZCA O BNG"

Ser presidente do Parlamento colma as súas aspiracións políticas?

Nunca pensei chegar aí, dígollo en serio. É un orgullo e iso que pasei por tódolos postos, menos o de secretario da Mesa. E por iso digo que son a persoa que máis amo a Cámara. Coñezo a tódolos funcionarios e teño relación de cercanía con eles. Iso non o quero perder.

Vostede tamén é membro dun partido político; por iso, dígame qué resultados augura tralas eleccións.

Vexo que pode haber cambios, no sentido de que os grupos de esquerda están nunha fase de disputarse a un electorado. Pero iso afecta a partidos de esquerda. E nós temos que afrontar que levamos oito anos gobernando con maioría absoluta, que tivemos acertos pero tamén que tomar medidas que teñen un coste. O que máis me preocupa é quen vai ser o presidente.

No PP, Feijóo aínda non deu o paso adiante. É a mellor baza do PP?

Ten que ser él o candidato. Non vexo outro neste momento, é o único co que podemos remar en favor de gañar as eleccións.

Pois convénzao.

Eu pídolle que faga un esforzo; non sei a súa decisión pero haberá un grave perigo se, por calquera motivo, non se presentara. Hai que animalo, pedirlle ese sacrificio.

Ao mellor o presidente é un candidato da agora oposición. Vostede ve a Gómez Besteiro un líder capaz de gobernar Galicia?

Ten problemas. Un compañeiro meu, moi listo, que foi secretario xeral, Pachi Vázquez, clavouno nunha frase: "José Ramón, bótalle unha pensada". E hai outra cuestión, o candidato a presidente da Xunta que non esté no Par- lamento, non existe. Con Vence igual, el era o candidato pero falaba Jorquera, que é ao que coñecen 

O BNG non atravesa precisamente momentos doces. Cre que sería unha perda para Galicia a escasa relevancia dun partido nacionalista?

Eu, particularmente, non quero que desapareza o Bloque. Hai cousas deles coas que concordo, por exemplo en dar valor á capacidad e autogo- berno da nosa Comunidade, pero non con que teñamos que separarnos de España. E ese é o problema que ten o BNG. Claro que tamén o poden facer desaparecer outros partidos.

Ve aí ás mareas con futuro?

Que pasen uns meses, veremos como é a súa xestión, antes xa das autonómicas.

O seu partido tamén ten un grave problema, o continuo goteo de casos de corrupción. Mermará eso as expectativas electorais do PPdeG?

A corrupción fíxonos moito dano. En Galicia acabamos de aprobar unha normativa, co apoio do PSdeG, onde se lle pon difícil ao que queira ser corrupto. E logo está o desprestixio; agora vostede é política e, por norma, xa é calaña. Eu entrei pensando que era un orgullo ser deputado e agora non se pode dicir así.

Pero eso é culpa de vostedes mesmos. Por qué non afrontar unha auténtica rexeneración?

Si. Eu teño algunha idea sobre como rexenerar á clase política pero cando a prantexei a algúns compañeiros, non sentou ben. Un problema son os soldos e penso que un aspirante a político, non un cargo de alta responsabilidade, debería ter unhas retribuciones que non sobrepasasen un límite. Que se lle pague o que percibía do seu traballo anterior incrementado nun 15 ou 20%, cun tope máximo de 60.000 euros ao ano. E se alguén chega sen retribución, que teña un soldo digno. Pois non prosperou.

E non cre que hai que renovar cargos e persoas como peza clave da rexeneración?

Xa se está a facer, pero hai que conxugar renovación con certa experiencia. Claro, dirán, fala éste de renovación que leva 20 anos no Parlamento. Pero eu digo que debe manterse a experiencia porque se non podería ser, a Cámara, ingobernable.

Entón. Cal é a súa receita contra a corrupción?

Non facela e poñer todo tipo de trabas. O gran reto é precisamente lavar a nosa imaxe. A sociedade non pode ter uns representantes aos que os cidadáns cuestionan. E eu sinto tristeza porque, posible- mente, non haxa ninguén agora no Parlamento que o queira tanto coma mín. 

Te puede interesar