Universidad

As obras do Campus da Auga rematarán no 2017

OURENSE 25.11.2015 EDIFICIO DE HIERRO, CONSELLO CAMPUS DE OURENSE. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Última reunión do ano do Consello do Campus de Ourense.

O reitor Virxilio Rodríguez explicou que os traballos comezarán no verán

O Consello de Campus de Ourene celebrou onte a última reunión do ano coa mirada posta nos grandes restos para o vindeiro 2016. A sesión estivo presidida polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato que afirmou que as obras do que será a sede do Campus da Agua comezarán no verán. O vicerreitor Virxilio Rodríguez destacou que, na actualidade, o estudo de arquitectura ourensán Oikos Estudio está redactando o proxecto básico de obra, que estará rematado a finais deste ano. O seguinte paso será abrir o proceso de adxudicación da obra coa convocatoria dun concurso de licitación. En calquera caso, estímase que as novas instalacións estén listas para o inicio do curso escolar 2017-2018.


Outro dos temas tratados foi o peche da residencia universitaria. Neste sentido, Mato apuntou que a información que ten ao seu alcance "é positiva" e que espera que "podiamos recuperar este servizo", explicou. O reitor tamén destacou que están esperando a obter o visto bo do Consello Galego de Universidades para implantar o grao de Enseñaría Aeroespacial no Campus de Ourense.


O órgano tamén informou dos traballados levados a cabo pola comisión de cultura e deporte . Tamén se deu a coñecer a resolución da convocatoria de espazos compartidos no Pavillón de Estudantes e a convocatoria para a actualización da lista de espera da Escola Infantil. n 
 

Te puede interesar