O OUFF dá o premio Chano Piñeiro á lucense Olga Osorio

Olga Osorio (i).
photo_camera Olga Osorio (i).
O Premio Chano Piñeiro foi instituído en 2021 para recoñecer a figuras emprendedoras do audiovisual galego

A directora lucense Olga Osorio, que acaba de estrear a súa primeira longametraxe de ficción (“¡Salta!”), recibirá un premio no Ourense Film Festival (OUFF), que se celebra en Ourense a partir do 29 de setembro. A organización outórgalle o galardón que leva o nome de Chano Piñeiro, pioneiro do cinema galego.  “Directora, guionista, fotógrafa, docente, xornalista, ensaísta. As facetas de Olga Osorio son múltiples e a súa paixón alcanza todas”, subliñan dende o festival. A premiada compartiu o seu agradecemento cos seguidores, amosándose “moi honrada de recibir un premio no que me precederon as marabillosas Beli Martínez e  Lucía C. Pan e que leva o nome do gran Chano Piñeiro”.

O Premio Chano Piñeiro foi instituído en 2021 para recoñecer a figuras emprendedoras do audiovisual galego. A organización premia á directora de Lugo, de cuxa traxectoria destacan que “asombra, xa que non só escribe cinema, senón sobre cinema”. Osorio xa está a desenvolver o seu segundo filme coa produtora Nostromo Pictures.

No caso de “¡Salta!”, a longametraxe de Osorio estreouse o 1 de setembro nas salas de cinema. É unha película rodada integramente en Galicia, protagonizada por Tamar Novas e Marta Nieto. A cinta conta coa participación de Mario Santos, Rubén Fulgencio, Irene Jiménez, Mabel Rivera e Manuel Manquiña. 

Te puede interesar