Ourense convértese na referencia nacional e galega en cantidade e calidade de recollida selectiva de lixo

Urbaser realiza a recollida dos materiais de lixo separados nos seus respectivos contenedores.
Coas iniciativas postas en marcha pola Concellería de Medio Ambiente e Urbaser, os cidadáns de Ourense están á cabeza da reciclaxe nacional, segundo os datos publicados por Ecoembes do ano 2007.
O Concello de Ourense é a cidade con mellores resultados na recollida selectiva de lixo de España, segundo os datos de referencia que tódolos anos fai público Ecoembes.

Tanto a Concellería de Medio Ambiente como Urbaser, concesionaria do servizo de basuras e limpieza diaria de Ourense, destacan a concienciación dos ourensáns con este tipo de iniciativas, e os resultados avalan a vontade dos cidadáns de querer colaborar a manter un medio ambiente limpo na súa cidade.

Rubén Quintás, xefe de servicios e de persoal de Urbaser, destaca que ’guiados pola planificación da Concellería de Medio Ambiente e o concelleiro Demetrio Espinosa, establecemos unha maneira de traballar sempre facilitando á xente a labor de reciclaxe. A Concellería pon os medios, desenvolvendo a instalación e localización dos contenedores, e a súa distancia coa poboación, para que os cidadáns teñan o máis preto posible estos puntos de recollida selectiva’.

Tódolos anos Ecoembes ’fai uns pluses de referencia, que este ano están en 6.3 kilogramos de recollida de lixo selectiva por habitante, e un máximo de 25% de impropios, que é o lixo que non está no seu contenedor correcto. Ourense acadou unhas cifras de referencia en España con 10,5 kilogramos por habitante e un 23,6% de impropios; a media galega é de 7,9 kilos e 33,4% de impropio; e a nacional está nos 8.9 kilos e un 30% de impropios’.

Os resultados ’avalan non só que os cidadáns ourensáns queren colaborar con estas iniciativas, senon que son conscientes da importancia da reciclaxe, que será fundamental no futuro, algo que xa se está a tratar nos colexios, para que os máis pequenos empecen a familiari zarse con esta actividade’.

A Consellería de Medio Ambiente e Urbaser ’continuamos traballando para seguir avanzando paso a paso na concienciación social, tratando de informar e formar os cidadáns da importancia de que todo o que lle quitemos os contenedores habituais, os de cor verde, que en 2007 recolleron máis de 40 millóns e medio de kilos de basura orgánica, é reciclar’.

Te puede interesar