O profesor Antonio Carreño salientou o seu retrato da intrahistoria municipal

Parada de Sil homenaxeó ó escritor Eduardo Prieto

Francisco Magide y el homenajeado muestran la placa en la casa natal de Eduardo Prieto.
Máis de 200 veciños participaron nun emotivo acto de homenaxe ó profesor Eduardo Prieto Casares no concello de Parada de Sil. O acto comezou as 12,00 horas coa intervención do alcalde, Francisco Magide, que destacou que un pobo que se coñece e se recoñece é un pobo vivo e o mellor sitio para elo é a recuperación da memoria.
En dito acto presentouse o libro do profesor, ' Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra', no que como dixo o rexidor os contos non son contos senón cousas que pasaron ou que pasan.

No acto o profesor emérito da Brown University Antonio Carreño fixo unha glosa do homenaxeado do que salientou a conexión dos seus escritos coa intrahistoria dos pobos de Parada de Sil.

Te puede interesar