LETRAS GALEGAS

Ourense lembra a Casares

Como antesala do propio Día das Letras Galegas, os ourensáns homenaxearon a Carlos Casares con actos institucionais na cidade, un concerto no Auditorio, teatro no Campus ou unha tertulia en Xinzo de Limia

A cidade das Burgas rendeu onte homenaxe a Carlos Casares, da que é fillo predilecto, como antesala dos actos previstos para hoxe, Día das Letras Galegas.

Coa Coral De Ruada de fondo, a Corporación municipal descubriu na traseira do Liceo un busto do autor de "Vento Ferido" realizado polo artista ourensán Xosé Cid. "Para Carlos, o Liceo era a súa segunda casa", apunta o seu irmán Xabier, presidente da entidade cultural. Un acto ao que asistiu tamén o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Hakan Casares, un dos fillos do homenaxeado, destaca a pegada de Ourense na súa traxectoria literaria. "Creo que se o meu pai nacera noutro lugar e non regresara aquí, problamente a súa obra non sería a mesma. Casares sen Ourense non se entendería". Pola súa banda, o seu outro fillo, Christian agradece os actos organizados en honor ao seu pai. "Ourense ten sido moi xeneroso con Carlos Casares. Non podo deixar de emocionarme, ao igual que toda a familia, coas iniciativas que se están desenvolvendo despois do seu pasamento". A familia tamén recibiu un pergamiño conmemorativo.

Un home inquedo e polifacético. Así definiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ao escritor limiao. "Coa súa obra fixo, fai, e fará viaxar Ourense polo mundo Carlos Casares. O seu compromiso intelectual forman parte substancial e imprescindible do Ourense do XX e da herdanza que a súa pegada segue a deixar no XXI". Neste sentido, o rexidor lembrou o apoio de tódolos partidos con representación municipal. "A mesma unanimidade que houbo no 2003 a houbo tamén nesta corporación do 2017. Ningún grupo dubidou que era preciso esta pequena homenaxe". 

Xa pola tarde, a Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica puxeron o broche cun concerto no Auditorio, organizado polo Consello da Cultura Galega. É a primeira vez que a cidade acolle o Concerto das Letras Galegas. Pero non só o Concello de Ourense quixo adiantarse á celebración das Letras Galegas. A organización Novas Xeracións do PP organizou en Xinzo un acto no que estivo o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Tamén na comarca da Limia tivo lugar un faladoiro arredor de Casares, antes do concerto do coro Aimil Folk. Asemesmo, o centro comercial aberto barquense e os equipos de dinamización lingüística dos colexios e institutos de O Barco e Rubiá organizaron unha campaña para promocionar a lingua galega e a figura de Casares nos 35 comercios asociados. 

Devolta na cidade, o Liceo acolleu a inauguración da exposición filatélica en honor a Casares amosando un selo postal de recordo.

A comunidade educativa tamén uniuse á celebración. Alumnos de Salesianos realizaron un percorrido pola obra de Casares mentras que na Farixa recitaron o seu poema "Amemos". No Campus, a biblioteca Rosalía de Castro acolleu a adaptación da peza "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Contouse co vicerreitor, Virxilio Rodríguez

Busto do pobo de Ourense ao seu fillo predilecto Carlos Casares Mouriño, en Bispo Cesáreo

Nas traseiras do Liceo, na praza de Bispo Cesáreo, autoridades políticas e familiares de Carlos Casares descubriron o busto en honor ao autor, acompañado da praca "O pobo de Ourense ao seu fillo predilecto Carlos Casares Mouriño". A inauguración estivo amenizada coa Coral De Ruada, que interpretou dúas cantigas de Manuel de Dios, íntimo amigo do homenaxeado, pechando o acto co himno galego. 

Acto institucional no Concello16.05.17.OURENSE.LICEO.PLACA CONMEMORATIVA CARLOS CASARES.

A Corporación local de Ourense entregou á familia de Carlos Casares un pergamiño en recoñecemento a súa traxectoria persoal e profesional, no salón de plenos do Concello.

OURENSE. 16.05.2017 AUDITORIO, CONCERTO REAL FILAHARMONIA DE GALICIA. FOTO: MIGUEL ANGELConcerto das Letras Galegas no Auditorio

A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica, baixo a dirección de Maximino Zumalave, ofreceron no Auditorio o Concerto das Letras, organizado polo Consello da Cultura Galega.

Selo postal e cuño para o autor ourensán

A Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica "Miño" organizan unha exposición filatélica sobre a obra de Casares coa posta en circulación dun selo postal e un cuño. A mostra estará aberta ata o 30 de maio. 

Ourense. 16-05-17. Local. Celebración do día das letras galegas en Salesianos.Foto: Xesús FariñasHomenaxes nos centros educativos

A comunidade educativa tamén lembrou onte a Carlos Casares. Colexios coma Salesianos (na imaxe), organizaron actos de recordo da figura do autor ourensán, nos que se leron pasaxes das súas obras.

16.05.17.OURENSE.BIBLIOTECA CAMPUS.ACTO DIA DAS LETRAS GALEGAS.O Campus súmase ao Día das Letras con actividades na biblioteca

A biblioteca Rosalía de Castro do Campus de Ourense sumouse á celebración do Día das Letras Galegas cunha adaptación da peza "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", dirixida por Isabel Mociño, docente da Facultade de Educación. A xornada contou coa visita do vicerreitor, Virxilio Rodríguez. 

20170516221356671_resultFaladoiro arredor da figura de Carlos Casares na vila limiá

Xinzo, terra a que o homenaxeado se mudou con catro anos, acolleu un "Faladoiro arredor de Carlos", dentro do III Foro de escritores limiaos, na que se abordou o seu universo literario. O coro Aimil Folk foi o encargado de amenizar a sesión literaria. 

Te puede interesar