'A política é unha droga, empezas e despois xa non podes marchar'

Din de vostede que é un cacique. Que significado ten ese término?
Un cacique era o que facía favores cobrando. Pero se chaman cacique a un señor que se preocupa das necesidades dos demáis e tenta solventalas, eso non é caciquil. A un cidadán preparado non lle fai falla axuda, pero os pobriños, a xente de pobo, a ónde se dirixe? Ten que haber alguén que se encargue dela. Eso é o que eu fago e os dous, eu e ó que axudo, quedamos satisfeitos. O que me molesta é que hai una serie de lendas que non se ateñen á realidade como eso de que hai non sei cantos porteiros no Centro Cultural. Ninguén se preocupou de vir e comprobar cal era a realidade e a verdade.



Arremeteu contra os seus xefes, os de enriba, porque o deixaron na estacada. Cantas veces o fixeron e por que?

Nunca me preocupei deles. Teño que ter boa relación co presidente rexional, co secretario xeral, co presidente nacional pero, se un pensa no seu futuro e aspira a algo en política, ten que coidar ós de abaixo, ós alcaldes, ós militantes. E esa xente non falla. Eu vexo a distinta percepción que teñen os de enriba, guíanse pola prensa, a relación de amizade vale menos, aparece outro que lles gusta máis, etcétera. A xente normal non cambia o voto, cos de enriba, aparece outro que non eres ti e sabe dios.


Tentoulle, por tanto, a posibilidade de resucitar Centristas de Galicia?

Non. Din que un partido nacionalista de dereitas ou de centro podía ter futuro en Galicia pero tiven un escarmento grande. Candos nós, con Centristas, quixemos facer algo a nivel de Galicia, non sacamos nin un concelleiro en Vigo, unha cidade de 250.000 habitantes. Esto naceu en Ourense, montado na estructura de Eulogio Gómez Franqueira, e non se pode trasladar. Podía, si, ser unha boa maniobra de ser chave en caso de que o PP quede sen maioría absoluta pero é inxusto, só te leva a un mercadeo constante. Hoxe mesmo, tódolos españoles estamos ata o gorro de que cando un presidente nacional non ten maioría deba facer concesións a CiU ou o PNV, para que se leven os cartos.


Como se entende que diga vostede que estar en política non compensa despois de adicarse a ela durante 44 anos?

Xa sei, e dirán que por qué non me fun antes. Pero verá, a política é coma unha droga; o malo é que empeces, despois non atopas o momento de marchar. Ou tes un fracaso ou te leva cada vez a máis. Hai políticos que nos trazamos unha meta, a miña foi a da presidencia da Deputación; fun tamén ó Senado pero na segunda lexislatura vinme porque aquelo parecíame unha perda de tempo. Ademáis quería seguir apoiándome nos de aquí; se sigo no Senado, igual vou á paseo en 15 días. Pero, agora, ó chegar a unha determinada idade, vexo que houbo moitos sinsabores, e non compensa abandoar á familia, ós teus intereses. E económicamente, seguramente podía conseguir o mesmo coa miña actividade. Claro que cando estás ca droga enriba non te das conta.


Cal foi o momento máis duro que viviu como presidente da Deputación?

O último congreso provincial, porque non me esperaba de xente que me deixou na estacada, que o fixera. Non lograron o que pretendían, ben é verdade, pero eu estiven moi preocupado pola situación. Contaba con lealdades que me fallaron, e doeume. Son unha persoa de lágrima fácil, moi sentimental e doeume moito o que pasou.

Vaise con vostede unha peculiar forma de facer política.

Esta política pódea facer calquera, pero leva moitos sacrificios e atender a moita xente. E hai algúns que xa non queren nin ter tratos cos dos pobos, non sexa que cheiren mal, porque non botan colonia nin brillantina. Pero eu síntome tranquilo con esa xente. Eu son coma eles.


A QUEN REFIRE, A XENTE DO SEU PARTIDO?

Poi si, pero non vou dar nomes. Pero eles non coñecen a miña política. E se veñen a un pobo e hai que pisar lama, xa lles preocupa; e non pasa nada, os zapatos límpanse despois. Eu sei moitas cousas deste país, porque teño moitos anos, e sei moitas historias, e de moitos. Sei como se fixo a vida de moitos ourensáns que agora cuspen para arriba. Por eso, a partires de mañá non quero falar máis coa prensa, non quero entrar en polémica ningunha, que non me lembren, porque non quero falar de ninguén.


Vaise adicar á familia e ó descanso pero hai quen di que tanto tempo libre tamén provoca estrés. Cecáis debera voltar.

Para nada, teño ós netos, que son uns fieras e non me deixan nin un minuto. Estou plenamente mentalizado de que tiña que chegar este día. Agora teño que facer outra distribución do tempo.

Te puede interesar