SANIDAD

Seixalbo será o primeiro barrio cardioprotexido

Un proxecto veciñal fructifica na compra dun aparello desfibrilador 

Seixalbo será o primeiro barrio cardioprotexido

Os veciños de Seixalbo presentaron durante a xornada de onte a súa propia iniciativa popular para adquirir un desfibrilador de uso compartido para todos os habitantes do barrio. A idea, que partiu de Pablo González, un dos xogadores do Clube Deportivo Seixalbo xuvenil, xurdiu como prevención de posibles paradas cardiorespiratorias de deportista, e rematou sendo un proxecto no que se involucraron as diversas asociacións locais. Así, á iniciativa sumáronse rapidamente a Asociación de Mulleres Rurais Santa Águeda, a Mancomunidade de Montes en Mancomún de Seixalbo e a Asociación Veciñal San Breixo. "Entre todos decidimos que o mellor era vender unha pulseira cun prezo simbólico de 3 euros para aforrar a cuantía total do desfibrilador", explica Xosé Carballido, presidente da Asociación Veciñal San Breixo. O producto poderá adquirirse nas sedes de calquera das organizacións, e o diñeiro recaudado irá destinado integramente ao custe do producto. Unha vez comprado, o centro médico El Carmen ofreceuse para amosar o manexo do mesmo aos veciños, así como un pequeno curso de primeiros auxilios. Na xornada de onte, os locais tiveron ocasión de coñecer a proposta, ademais de ver un simulacro de uso en directo.