FORMACIÓN

A provincia contará con seis cursos de galego administrativo

Destes cursos poderá beneficiarse o persoal das diferentes administracións públicas de Galicia

A Escola Oficial de Idiomas de Ourense ofrecerá seis cursos de linguaxe administrativa en galego este ano. En concreto trátase de dous cursos de nivel superior en linguaxe administrativa galega presencial, un curso de nivel medio en linguaxe administrativa galega en liña, un curso de certificación de lingua galega ou Celga 1 e outros dous cursos correspondentes ao Celga 4.

Destes cursos poderá beneficiarse o persoal das diferentes administracións públicas de Galicia e estenderanse desde setembro a maio de 2018.

Te puede interesar