O PSOE alerta da falta de médico en un centro de saúde de Ourense

¡

O PSdeG-PSOE de Beade alerta da falta de facultativos no centro de saúde do municipio, “o que unha vez máis volve a provocar que a veciñanza teña que ser derivada a Leiro para recibir atención médica”, indica. 

Os socialistas critican a “falla de previsión do Sergas e da Xunta de Galicia”, tendo en conta que esta situación repítese ao longo do ano, supoñendo “un grave problema e desleixo para a veciñanza de Beade”. 

Dende o grupo municipal socialista consideran que para unha poboación envellecida como a de Beade, esta situación supón un “grave contratempo”, xa que a veciñanza vese obrigada a desprazarse para poder acudir ao médico. Unha situación á que se suman os problemas de conciliación, xa que segundo sinalan, “ante a obriga de ter que facer quilómetros ata Leiro, moitas persoas maiores deben recorrer aos fillos para que os poidan achegar, o que fai que teñan que pedir horas no traballo que logo deben recuperar”. 

A concelleira, Carmen Rama Cotelo, insta ao alcalde popular, Fernando Taboada, a traballar por unha solución a esta situación, que xa tiña lugar en verán e decembro do 2023.

Te puede interesar