PROVINCIA

O PSOE presenta a candidatura para as municipais 
en Maceda

A lista está encabezada por Ana María Rodríguez Blanco, quien salientaba que "a mellora do benestar de veciños e veciñas, con progreso en igualdade de oportunidades, centra o compromiso da candidatura socialista".

O PSdeG-PSOE de Maceda comezou a distribuir onte entre os veciños a listaxe da candidatura que presentará ás eleccións municipais do día 24 de maio. A lista está encabezada por Ana María Rodríguez Blanco, quien salientaba que "a mellora do benestar de veciños e veciñas, con progreso en igualdade de oportunidades, centra o compromiso da candidatura socialista".

Completan a candidatura socialista de Maceda: José González Carballo, Rosa María Prol Cid, Juan antonio Fermao Fariñas, Rocio Reu Parente, José Antonio blanco Fernández, Begoña Pato Ferreira, Francisco Domínguez Martínez, María Movilla Nieto, José Ramón Rodríguez Gallego y José Manuel Quiroga Mutien. Como suplentes figuran Clémence Moutien Agathe, Ramón Villar Paredes y Hermelindo Sánchez García.

A agrupación socialista fixo chegar a relación de candidatos que presenta ás municipais aos veciños do concello, acompaña por unha carta na que acandidata á alcaldía, Ana María Rodríguez, siñala que a lista está formada por "homes e mulleres que damos un paso ao frente de compromiso contigo".

Ana María Rodríguez invita tamén á veciñanza a achegar iniciativas ao longo deste periodo, no que "estamos a recoller multitude de propostas de actuacións que reflicten a interese da xente pola participación, achegas espontáneas e realistas".

Te puede interesar