CANCIÓNS, BAILES E POEMAS

A rapazada de Ourense sae á rúa pola lingua galega

Nenos e nenas de centros educativos de Ourense, nas rúas polo galego. (Foto: José Paz)
photo_camera Nenos e nenas de centros educativos de Ourense, nas rúas polo galego. (Foto: José Paz)
Nenos e nenas de diferentes centros educativos saen ás rúas de Ourense para defender a lingua no Día das Letras Galegas 2024

Máis de 700 escolares dos centros educativos da cidade de Ourense participaron o pasado xoves 16 no acto de celebración do Día das Letras Galegas 2024, que organizou a Concellería de Educación.

Durante preto de dúas horas, nenas e nenos de nove colexios de Ourense rendéronlle homenaxe ás letras e á autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta, a través da interpretación de cancións e bailes tradicionais e modernos, lectura de poemas e manifestos que previamente prepararon nos seus centros coa participación de 38 profesores. 

Tamén interpretaron o himno galego, “Queixume dos Pinos”, ante o numeroso público que acudiu ao evento, que será o único organizado polo Concello nesta efeméride.

Te puede interesar