ENTREVISTA - VIDA

O reto do ourensán Isidro Vidal: un día, unha composición

OURENSE (BIBLIOTECA UNIVERSITARIA ROSALÍA DE CASTRO). 10/04/2018. OURENSE. Retrato de Isidro Vidal, gaiteiro y guitarrista en el grupo musical "Habitación Vudú".
FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Isidro Vidal no Campus Universitario de Ourense.

Ademáis, comporá un tema a partires de catro notas que os seus seguidores lle propoñan e fará outros para que músicos alén das nosas fronteiras os interpreten

Aínda que Isidro Vidal di que non é un home de retos, o seu actual proxecto ten moito deso. Ten entre mans compoñer unha peza diaria de música para gaita e subila a redes sociais. Sen descanso, sábado, domingos e festivos incluídos. Por se fora pouco, comporá un tema a partires de catro notas que os seus seguidores lle propoñan. E aínda vai máis alá. Fai temas para que músicos alén das nosas fronteiras os interpreten. Se é que este mozo non ten paraxe!

Comecemos polo principio, como xurdiu esta idea?

Antes de nada, decir que todo vai orientado pola miña inquedanza de facer unha actividade artística. A partires de aí, eu teño que decir que non dispoño de medios para facer concertos como eu quero con gaita, así que nun primeiro momento plantexeime facer vídeos de Youtube e subilos a miña canle, pero eso é dificil vivindo nun piso con veciños, xa que precisas dun lugar onde gravar sen "molestar" aos veciños, buscar un espazo axeitado. Para iso non hai moitos locales e os estudios de gravación supoñen un desenbolso moi grande. Entón, o 1 de xaneiro, porque foi exactamente ese día, levanteime e veume a idea de, por que non compoñer unha peza diaria? Con elo seguiría dándome a coñecer e ademais crearía repertorio novo, para min e os meus alumnos, e seguiría avanzando no mundo da música. 

Eso quere decir que vostede non para, que cada día imos poder ver unha composición súa...OURENSE (BIBLIOTECA UNIVERSITARIA ROSALÍA DE CASTRO). 10/04/2018. OURENSE. Retrato de Isidro Vidal, gaiteiro y guitarrista en el grupo musical

Efectivamente. Este reto tamén supón  para min unha especie de "obriga" de compoñer cada día, xa que se non o fago, a xente vai decir, "ei!, falta a de hoxe!". De feito, xa me ten pasado algunha vez que tardo algo máis do acostumado en subila, ou se me esquece compartir en algunha das miñas redes e alguén mo recorda.

Compoñer cada día e darse a coñecer é, a priori, a finalidade do proxecto, pero, con vistas a gravación dun disco?

Plantexeime varias cousas. Por fortuna, teño a varios amigos músicos cos que facemos unha especie de "consello de gaiteiros privado" e, comentando con eles, hai posibilidade de gravar algún un disco con esto; tamén pode que se edite en formato físico, aínda que eu son algo reacio a elo. Así e todo, é posible que se faga unha selección de temas, tipo votación popular, e se publique.

Por se fora pouco, hai un "subreto" neste reto...

Certo. As "Catro notas obrigadas", que consiste en que cada persoa me dé catro notas e eu compoño unha canción a partires deso e lla adico. Con eso consego que o público se implique e forme parte deste reto. E esa cercanía co público é o que fai que saias un pouco do común.

OURENSE (BIBLIOTECA UNIVERSITARIA ROSALÍA DE CASTRO). 10/04/2018. OURENSE. Retrato de Isidro Vidal, gaiteiro y guitarrista en el grupo musical Canto tempo lle adica?

Como bo galego, direi, depende. Confeso que axusto a composición ao tempo do que dispoño. Así, sei que se se trata dun tema contemporáneo, me vai levar máis tempo que un tradicional e entón o deixo para unha xornada na que esté máis libre. 

Como está a ser a acollida?

A día de hoxe levo sobre 25.000 descargas, eso está moi ben. Para nada o esperaba. 

Da a coñecer este proxecto a través de redes sociais, que opina deses medios?

Penso que hoxe en día é o medio. Hai moitos músicos que son reacios a elo e están a perder moitas oportunidades por non facelo. 

Tamén compón para gaiteiros de fóra das nosas fronteiras.

Na actualidade para Brighde Chaimbeul, que tocou con Carlos Núñez, que toca a "small pipe"; para Rémi Decker de Bélxica que toca "cornamuse du centre de Francia" e para Roby Ad Mackay de Escocia que emprega a "highland bagpipipes".  Con eles púxenme en contacto e gustoulles o meu traballo e, a partires de aí, iniciouse a colaboración. 

A súa é unha aposta pola música tradicional. 

Si e non. Eu non considero a gaita como música tradicional, é un instrumento que está ligado a ese estilo de música. Eu tamén fago música contemporánea e estou a estudiar algo de música antigua.

Toca diferentes estilos: tradicional, folk, incluso pop... en cal se sinte máis cómodo?

Cada un me aporta algo diferente. En Habitación Vudú toco a guitarra. Pero tamén toco percusión, zanfona, flauta e piano, ademais de, obviamente, a gaita.  

Cal é a súa visión do panorama actual da nosa música. 

Eu penso que falta que avance o plan de estudios a nivel de conservatorio. Tamén considero que é necesario que se legalice o sistema de impartir clases. No momento en que todo o mundo o tome en serio, a música tradicional pode funcionar moitísimo mellor. Temos moi bos músicos e as novas xeracións estánse a formar moi ben.   Así que non cabe dúbida de que progresará. 

Te puede interesar