XOSÉ FERNÁNDEZ. INVESTIGADOR DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DO CAMPUS DE OURENSE

'Risco introduciu materias referentes a Galicia nos plans de estudio do ensino'

O investigador da Facultade de Educación do Campus, José Fernández, (Ourense-1959), acaba de terminar a súa tese doutoral, na que sitúa ao etnógrafo ourensán Vicente Risco como peza clave no proceso introdutorio da galeguización do ensino
Como xurdiú a súa tese?

Risco foi intelectual, etnógrafo e literato, pero pode considerarse tamén como un importante mestre e pedagogo Esta foi a pregunta que me fixe para elaborar a miña tese 'Vicente Risco e a educación'. Risco 'foi clave no proceso introdutorio da galeguización do ensino.

Como estrutúrase a tese?

En dúas partes. A primeira adicada a contextualizar o clima histórico polo que discorre a vida de Vicente Risco, e a segunda centrada xa propiamente no intelectual ourensán. Ademais, ao longo do traballo dáse conta do labor desenvolta por Risco a prol do ensino con iniciativas como o Plan Pedagóxico para galeguización das escolas que converteuse nun referente a seguir na escola galega durante o primeiro terzo do século XX, e o Informe do irmán Risco, destinado a pór en funcionamento unha escola galeguista sostida con fondos de emigrantes ourensáns residentes en Bos Aires

Como foi a trayectoria de Risco no ensino?

Risco estudou a carreira de Dereito e traballou uns anos na delegación de Facenda en Ourense. Non conforme con este traballo, ingresou na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio de Madrid. Naqueles anos descobre a Rabindranath Tagore, Premio Nobel de Literatura, no ano 1913, e da a coñecer a figura do famoso escritor hindú en Galicia e Portugal. Para Vicente Risco, todo o labor galeguista era un labor pedagóxico, un labor de educación social.

Baixo que pilares pensó Risco a escola?

Na introdución de materias referentes a Galicia nos planos de estudo e a promoción do bilingüismo. así como a súa defensa de que non só había que galeguizar a escola se non tamén outros niveis de ensino como a Universidade. A tarefa risquiana foi máis alá das institucións académicas,colaborou na revista As Roladas, da que só se publicaron dous números no ano 1922 e participou tamén coas mocidades e asociacións xuvenís galeguistas coma a dos grupos Ultreyas que pretendían levar a galeguidade aos mozos e mozas das vilas e das cidade. Todo isto sen esquecer a fundación da revista Nós, que se converteu nun órgano da cultura galega.

Te puede interesar