Santa Cristina de Ribas de Sil protagonizará un documental

O proxecto recrea o mosteiro de Santa Cristina e o entorno da Ribeira Sacra, e ten unha duración de 13,5 minutos
 

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, situado no concello de Parada de Sil, e a Ribeira Sacra son os protagonistas dun proxecto cultural posto en marcha polo grupo Ecos da Pedra e a discográfica Wapapura. A iniciativa consiste nun documental de 13,5 minutos de duración no que se recrea mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e o seu entorno. O proxecto, de iniciativa privada e que leva por título "Alma/Arte, Legado e Medio Ambiente", conta co apoio do concello de Parada de Sil, o programa Leader, Agader, o Consorcio Navea-Bibei, o Goberno central e a Xunta de Galicia.

A orixe desta iniciativa susténtase no ciclo de concertos postos en marcha pola promotora Ecos da Pedra e que se desenvolve no marco da igrexa do mosteiro de Santa Cristina, que conta cunha acústica privilexiada, moi valorada polos músicos, pero que resulta difícil de aproveitar dado o seu emplazamento, nunha orografía complicada para trasladar os recursos técnicos que utilizan os concertos ou eventos de carácter cultural. O traballo recolle a beleza e a espiritualidade do enclave, que chamou a atención de recoñecidos artistas. Foi filmado íntegramente no concello de Parada de Sil e montado este ano a partir do material gravado durante os ciclos de Sons da Pedra, xunto con espectaculares imaxes do Cañón do Sil.

Te puede interesar