Un seminario valora a política de emprego para os vulnerables

Un trabajador de la industria auxiliar del automóvil (Foto: Miguel Ángel).
photo_camera Un trabajador de la industria auxiliar del automóvil (Foto: Miguel Ángel).

Arredor de vinte xuristas veñen de participar na Facultade de Dereito do campus nun seminario internacional sobre mantemento e recuperación do emprego. Nel dedicouse atención aos colectivos de atención prioritaria: por razón de xénero, idade ou diversidade funcional e realizouse unha análise crítica das políticas de empregabilidade. O comité organizador deste Seminario Internacional sobre Mantemento e Recuperación do Emprego estivo formado por Jaime Cabeza e Marta Fernández (respectivamente catedrático e profesora do Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo). 

Trátase do primeiro dos seminarios que se realizarán dentro da convocatoria “Generación de Conocimiento Adaptación e mantemento do emprego no novo ecosistema produtivo”. Este proxecto, que ten como investigadores principais aos propios Jaime Cabeza e Marta Fernández, está integrado por profesorado do Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Economía Aplicada e Organización de Empresas, na súa maior parte da Universidade de Vigo. 

Gran interese

A clausura contou coa intervención de Joaquín Pérez, secretario de Estado de Empleo y Economía Social e profesor da Universidad de Castilla-La Mancha. Destacou que “é de grandísimo interese” a celebración do evento e subliñou, en liña coa temática a tratar que “o noso país acaba de promulgar unha nova lei de emprego, cun horizonte novidoso, integrador para as políticas activas, e está conseguindo resultados récord, xunto con a reforma laboral, en moi pouco espazo de tempo”. Esta foi, indicou, “a lexislatura da gran transformación do mercado de traballo español cara un modelo máis sólido, menos esporádico, con maior estabilidade no emprego e máis dereitos para as persoas traballadoras”.

Te puede interesar