SANIDADE

O Sergas dotará a Ourense cunha ambulancia máis

Entra dentro dunha inversión de 2'8 millóns de euros para toda Galicia e que permitirá mellorar a cobertura asistencial do transporte sanitario terrestre

Nos próximos días, Ourense contará cunha ambulancia máis de soporte vital básico. En xullo, o Sergas dotará a cidade deste vehículo sanitario e que forma parte dunha inversión do Servizo Galego de Saúde para mellorar o transporte sanitario urxente de Galicia. 

A inversión de 2,8 millóns de euros en toda Galicia, permitirá que Ourense incremente a súa cobertura asistencial do transporte sanitario urxente terrestre e que a resposta ante unha emerxencia sexa menor. 

Te puede interesar