Os socialistas proporán no Parlamento a lei da morte digna

“Se falamos de morrer dignamente o espazo tamén é importantes", según as representantes socialistas

María Carmen Acuña Campos, parlamentaria autonómica do Partido Socialista, e Cándida Pérez, secretaria provincial de sanidade, pretenden plantexar no Parlamento un debate sobre a necesidade que ten a sociedade da lei da morte digna. O escrito consta de catro títulos, o primeiro recolle unha serie de definicións, ortotanasia, actuación correcta ante a morte de quenes atenden ao paciente, ou sedación terminal ou compasiva entre outras, coa intención de centrar o tema que se está a analizar.

No segundo dos títulos recóllense os dereitos das persoas ante o proceso da morte, “non só os dereitos dos enfermos, senón tamén os das persoas que os están a acompañar", según as representantes do partido, que destacaron o dereito a coñecer sobre a enfermidade, o dereito a confidencialidade ou o dereito a rexeitar unha intervención ou algún tipo de tratamento.

O terceiro dos títulos do marco normativo proposto aborda os deberes e dereitos dos profesionais sanitarios que ofrecen os seus servicios, entre os quese atopa o deber que teñen os profesionais de facilitar a información en términos comprensibles, ademáis do deber de respetar as decisións dos pacientes.

Por último, o cuarto dos títulos recolle a garantía sobre as condicións dos centros en que se teñen que aplicar estes coidados.

Te puede interesar