A Universidade recibe axuda para contratar investigadores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará case 600.000 euros a facilitar a contratación por parte dos centros do Sistema Universitario de Galicia (SUG) de 17 investigadores da etapa postdoutoral, seis deles na Universidade de Vigo. O obxectivo é favorecer que as persoas que iniciaron a súa formación no Plan Incite continúen a súa traxectoria no marco do Plan Galego de Investigación Innovación e Crecemento 2011-2025. As axudas, que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia, apoiarán a contratación de doutores cunha formación postdoutoral contrastada nas universidades do SUG, en concreto nove
?O obxectivo é favorecer que as persoas que iniciaron a súa formación no Plan Incite continúen a súa traxectoria no marco do Plan Galego de Investigación Innovación e Crecemento 2011-2025. As axudas, que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia, apoiarán a contratación de doutores cunha formación postdoutoral contrastada nas universidades do SUG, en concreto nove na Universidade de Santiago de Compostela e dous na de A Coruña, ademais dos seis da de Vigo.

En concreto, esta liña de axudas facilitará o acceso a un contrato dun ano a investigadores que conseguiron unha praza nunha universidade do SUG no programa Ángeles Alvariño 2008, que xa remataron o seu período de estanza de 24 meses e que non tiveron a oportunidade de optar a ningunha convocatoria para continuar a súa formación.

200 solicitudes

A consellería explicou que nestes momentos está a analizar a documentación das máis de 200 solicitudes presentadas polas universidades galegas para a contratación de persoal doutor por un período académico de tres anos para a súa formación especializada en países estranxeiros e nas propias universidades durante a etapa post doutoral. ?Nesta modalidade, a consellería financiará un máximo de 50 axudas con unha retribución bruta anual variable en función dos países nos que se desenvolvan as estanzas dos investigadores.

Te puede interesar