ENTREVISTA

Vázquez Portomeñe: "Poucos tiñan claro o Camiño, pensaban que vendía fume"

PORTO_result
photo_camera Vázquez Portomeñe.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe ofreceu onte na sede da Confederación de Empresarios de Ourense unha charla promovida pola Asociación Cultural Amigos Vía da Prata Camiño Mozárabe, detallando a evolución do Camiño de Santiago

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, principal impulsor do plan que promocionou o Camiño de Santiago e convertiuno nun dos principais atractivos de Galicia, ofreceu onte na sede da Confederación de Empresarios de Ourense unha charla promovida pola Asociación Cultural Amigos Vía da Prata Camiño Mozárabe, detallando a evolución deste fenómeno.

Trinta anos xa da declaración do Camiño como Itinerario Cultural Europeo.

Tivo importancia, pero o verdadeiramente trascendente é a declaración a finais do 93 como Patrimonio da Humanidade.

Viviuno de cerca.

Empecei a preparalo no 90. Levaba cerca de cinco siglos totalmente olvidado e morto, como quen dice, quedaba reducido a unha ofrenda e a unhas cantas peregrinacións de Anos Santos.

Por que caiu no olvido?

Pola reforma protestante no século XVI, que non era partidaria das peregrinacións e redundaron en prexuicio, acentuaronse os nacionalismos, as fronteiras e o tránsito era difícil. Houbo unha serie de circunstancias que fixeron que caíse no olvido.

Imaxinábase o que é agora?

Non só o imaxinaba, soñábao. Sempre sostiven que o Camiño de Santiago podía chegar a ser os pozos de petróleo de Galicia, coa vantaxe de que non contamiña.

Chamáronlle tolo cando o propuxo ou tivo apoio de todos?

Moi poucos tíñano claro, os meus colaboradores e máis eu. Os demais pensaban que vendía fume, que gastaba moitos cartos e por cada peseta que se gastou, só ano 93, recuperáronse 20.

Cóstalle ós galegos valorar o seu?

Certamente é así, porque o Camiño ten unha historia gloriosa, Galicia é protagonista na idea de Europa, o Camiño formaba parte da súa idiosincrasia. Agora é algo universal, chegaron este ano visitantes de 177 países.

Ten crecemento ou chegamos ó teito?

Non ten agotada, nin moito menos, as súas posibilidades.

Pódese descubrir algo agora como se fixo co Camiño?

Non sei, agora só sei un cidadán máis, deixei a política hai dez anos e non penso niso, pero a Ribeira Sacra, é a verdade definitiva de que en Galicia aínda quedan paraísos.

Había antes máis visión de futuro que nos gobernantes actuais?

Non quero criticar ós gobernantes actuais, pero probablemente naquela etapa si tiñamos moi claro que había que pensar a longo prazo, con proxectos de país e non partidario. O Plan Xacobeo foi ideado como de Galicia, non dun partido concreto. 

Te puede interesar