ENTREVISTA

Noa Presas: “O voto que depositen en nós é dobre: defendemos o social e ao noso país"

<p></p>
photo_camera Noa Presas Bergantiños.

A candidata de Nós califica o desemprego como o "principal problema da provincia de Ourense"

O emprego e a desaparición do rural son as principais preocupacións da teleoperadora pontina Noa Presas, elixida recientemente como a cabeza de lista de Nós -Candidatura Galega despois dun proceso de primarias, "o máis democrático que houbo nestas eleccións na escolla de candidatura. Participaron máis de 4.000 persoas en todo o país", explicou.

Sen embargo, vostede decidiu dar un paso adiante, non?

Si e asumir o que viña reivindicando dende fai moito tempo dende a miña organización, o BNG, que era que as mulleres novas nos representásemos a nós mesmas na acción política.

De feito, Nós é unha das poucas formacións que ten máis mulleres encabezando lista?

Exacto, somos tres de catro, contradicindo as demais estatísticas estatais.

E que perspectivas electorais se marca?

Nós aspiramos a reforzar a representación electoral que tiña o BNG, que é a forza maioritaria da coalición. Non obstante, é certo que Ourense é unha provincia complicada para romper o bipartidismo PP-PSOE pero entendemos que no está nada escrito.

Cal é o obxectivo da campaña electoral?

Nós entendemos que é fundamental ter unha voz propia en Madrid para defender os intereses galegos. Se miramos os últimos debates do Estado da nación, os únicos 10 minutos onde se fala de Galiza é cando interveñen as deputadas nacionalistas. Nós sempre estivemos do la- do das maiorías sociais defendendo os sectores productivos así como ós emigrantes retornados e desempregados afectados polas preferentes. Polo tanto, o voto que se deposita en Nós é dobre: para defender o social e tamén para defender o país.

Cales son os principais problemas que detecta na provincia?

O principal é o emprego, a causa de tódolos demais. A día de hoxe, nesta provincia hai máis dun 23% de paro e temos mais xubilados ca persoas empregadas; algo insostible e hai que buscar solucións. É preciso derogar a reforma laboral porque neste marco é imposible avanzar na creación de emprego. Entendemos que é necesario ter un marco de relacións laborais galego onde se negocien os convenios colectivos e no que se defenda a creación de postos de traballo en condicións dignas.

Que outras prioriades ten se consigue un escaño?

Outro problema é a demografía. Prácticamente o rural está condenado á desertización. É fundamental investir no rural en servizos sociais para que esa po- boación avellentada poida ter centros de día e recursos sanitarios sen ter que desprazarse á capital.

Tralo fracaso de construir unha candidatura conxunta coas forzas de esquerda, non cre que esta división repercutirá desfavorablemene nas eleccións xerais?

Eu penso que hai que velo dende outra perspectiva; é dicir, que tantas forzas de esquerda fósemos capaces de dialogar xa é de por si moi positivo. É certo que houbo diferenzas. Para Nós é prioritario ter unha voz propia, autónoma, galega, sen depender da Complutense nin doutros centros de poder en Madrid. Non obstante, isto non é incompatible con que no futuro poidamos acadar consensos nos temas sociais. 

Te puede interesar