CERTAME

“Xamón, pan e viño": boa poesía do mellor da terra

Juan Luis Saco e Afonso Vázquez-Monxardín, na presentación das actividades do ano pasado.
photo_camera Juan Luis Saco e Afonso Vázquez-Monxardín, na presentación das actividades do ano pasado.
A Fundación Otero Pedrayo convoca un concurso no ano do centenario

A Fundación Otero Perayo, ante o estado de alarma presente, vese na obriga de modificar a súa axenda. Polo momento suspenderon todas as actividades planificadas, como o caso do Abril Oteriano, a peza do mes ou as visitas de escolares. Un dos seus eventos máis importantes do ano, o Premio Trasalba, tivérono que trasladarar. A súa data tradicional é o último domingo de xuño e, agora,  pasará a celebrarse en outono. Pese a este traslado no calendario, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Fundación Otero Pedrayo anunciará ao galardoado do premio. 

As súas intalacións permanecen pechadas ao público, coa suspensión dos roteiros de Trasalba e da Xeración Nós deste mes e do próximo. A través da súa web e das redes sociais, seguen compartindo cultura literaria galega.

Entre tanto cambio e suspensión, xorde un novo premio na Fundación Otero Pedrayo. O premio "Xamón, pan e viño" convócase coa vontade de rememorar nestes tempos "avoltos" o centenario da Xeneración Nós e a figura de Carballo Calero, ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.En colaboración con Coren, Viña Costeira e a indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, organizan este certame de poesía que exalte os productos da terra, ao que se poderán entregar os traballos ata o vindeiro 17 de maio no correo electrónico [email protected].

O fallo terá lugar o 28 de xuño, cando se elexirán os gañadores dos premios, que son vales para canxear en tendas online ou presencias por valor de 1.200, 700 e 300 euros. Estes serán entregados e inmediatamente e contarán cunha festa de recoñecemento noutra fecha, próxima ao 11 de novembro. 

A fundación Vicente Risco celebra as súas vodas de prata

Mentres tanto, a Fundación Vicente Risco acada 25 anos de vida, dende que Antón Risco, fillo do literato, a fundou. Para conmemorar esta data, xunto co centenario da Xeración Nós, elaboraron un novo logotipo que os acompañará ao longo das actividades neste 2020.

Te puede interesar