Xosé Manuel del Caño presenta o seu novo libro “Ósos de santo”

Xosé Manuel del Caño, onte no mosteiro co seu libro.
photo_camera Xosé Manuel del Caño, onte no mosteiro co seu libro.

O escritor Xosé Manuel del Caño presentou onte o seu libro “Ósos de santo” no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Un libro centrado nos aneis dos nove bispos que se retiraron ó lugar, unha historia rodeada de misterio. Na última restauración atopáronse catro dos nove aneis, ós que se lles atribúen propiedades milagreiras. “Quedan por localizar cinco máis, que poden estar agochados entre as paredes deste convento ou perdidos nas casas do entorno”, subliñou Del Caño. O libro conta, ademais, coa colaboración dunha vintena de autores da literatura galega. Entre outros, Manuel Rivas, Berta Dávila, Carlos G. Reigosa ou Fina Casalderrey.

Ademais, Del Caño aproveitou para dar a coñecer que 25 artistas secundaron a proposta de facer versións da Virxe do Cristal, unha das imaxes marianas máis pequenas do mundo. Foi roubada en 2015 na morte violenta do sacerdote de Vilanova dos Infantes (Celanova). As diferentes interpretacións, elaboradas cunha gran diversidade de técnicas e estilos, poderanse contemplar ata finais de ano na torre da homenaxe de Vilanova. Tamén estará exposto un óleo de Urbano Lugrís datado en 1946, facilitado por Abanca.

Te puede interesar