Xosé Ramón Barreiro, elexido Premio Trasalba deste ano

A executiva da Fundación Otero Pedrayo determinou por unanimidade conceder o Premio Trasalba 2010 ó historiador e académico Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega entre 2001 e o pasado xaneiro. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que anualmente se celebra na casa grande de Cimadevila, en Trasalba, en xuño.
Da figura do galardoado, o xurado valora a súa traxectoria ó servizo da cultura galega, na liña histórica que representa a memoria de Otero Pedrayo e a Xeración Nós. Asimesmo, atende tamén ós seus méritos como intelectual galeguista e, moi principalmente, como renovador da historiografía galega. Xosé Ramón Barreiro Fernández naceu en Ribeira en 1936 e é unha das figuras sobranceiras da historiografía galega contemporánea.

Te puede interesar